2ºB |
Os nenos e nenas expertos esta semana estiveron practicando co xogo de Osmos Masterpiece que consiste en debuxar seguindo un modelo na pantalla do Ipad, en palabras dos propios nenos e nenas "era moi difícil". |
|||
O grupo de expertos iniciáronse nun novo xogo, Words, consiste en ir adiviñando as palabras a través de diferentes imáxenes. |
|||
Para repasar e afianzar os contidos dados en ciencias da natureza elaboramos unha nova plantilla para o Escornabot. Esta vez engadimos os códigos QR que coa axuda do Ipad e a app lectora de códigos nos leva de forma sinxela a vídeos explicativos da materia, o son, a luz, as disolucións...
|
|||
Coa axuda dos Ipads os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderon a facer mapas conceptuais cunha aplicación bastante sinxela, Poppet live. Cada equipo traballou un concepto: materia, luz, son e forza. Creamos un equipo novo de expertos: Tics, escritura, mapas conceptuais e deseño e debuxo. Unha vez que o experto sabía o que tiña que facer volvía o equipo base para explicar o que aprendeu, a través de diferentes tarefas formuladas en forma de estrutura cooperativa. |
|||
Neste xogo os nenos e nenas compoñeran e descompoñeran diferentes cantidades podendo ser de unha, dúas ou tres cifras. A cor azul representa as unidades, a vermella as decenas e a verde as centenas. |
|||
Coa axuda das familias elaboramos estas táboas de multiplicar, os nenos e nenas teñen que ir compoñendo as súa táboa (2,3,4,5,6,7,8 e 9) dunha maneira máis divertida e lúdica. |
|||
Levamos unhas sesións traballlando co Tamgran dentro das aulas, os nenos e nenas expertos explicaron os seus compañeiros e compañeiras a forma de xogar, mover de forma axeitada as pezas para que se poidan ler no espello e a forma de moverse polo mapa . |
|||
A través da aperndizaxe cooperativa os alumnos fixeron unha viaxe imaxinaria ao espazo para investigar que podemos atopar nel: fases da lúa, planteas,.. En que consiste o movemento de rotación e o de translación...etc |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »