tecnoloxía e ciencia
Mapas conceptuales.
Coa axuda dos Ipads os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderon a facer mapas conceptuais cunha aplicación bastante sinxela, Poppet live. Cada equipo traballou un concepto: materia, luz, son e forza. Creamos un equipo novo de expertos: Tics, escritura, mapas conceptuais e deseño e debuxo. Unha vez que o experto sabía o que tiña que facer volvía o equipo base para explicar o que aprendeu, a través de diferentes tarefas formuladas en forma de estrutura cooperativa.
ESCORNABOTS.
O alumnado de segundo de primaria este curso escolar estamos inmersos nun Proxecto de Robótica. Como era algo novidoso para algúns nenos e nenas dirixir o robot ata un camiño marcado, dedicamos uns días a xogar con bichiño.
Os movementos máis complicados son os xiros e realizar unha carreira programando o robot dunha soa vez.