Matemáticas

Robótica: Escornabots e Blue Mouse.

O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo.

PROXECTO: AS MÁQUINAS

Esta foi unha actividade que nos serviu para traballar contidos tanto matemáticos como científicos.

Adentrámonos no mundo das máquinas e no uso que lles damos os seres humanos, para iso, construímos ábacos que nos axudarán a sumar, restar e incluso multiplicar.

Matemáticas manipulativas

En 6º B continuamos durante este curso (como fixemos o ano pasado) divertíndonos coas mates, nas nosas sesións semanais de MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS.

Se queredes ver todas as actividades que realizamos ao longo deste curso podedes acceder ao noso espazo en Agueiro pinchando na seguinte imaxe:

 

 

 

 

 

As unidades, decenas e centenas.

Neste xogo os nenos e nenas compoñeran e descompoñeran diferentes cantidades podendo ser de unha, dúas ou tres cifras. A cor azul representa as unidades, a vermella as decenas e a verde as centenas.

As táboas de multiplicar.

Coa axuda das familias elaboramos estas táboas de multiplicar, os nenos e nenas teñen que ir compoñendo as súa táboa (2,3,4,5,6,7,8 e 9) dunha maneira máis divertida e lúdica.

Cooperativo en mates.

Dentro da asignatura de matemáticas os nenos traballan dúas sesións que se corresponden coa primera e terceira semana do mes. As estructuras son lapis ao centro, 1,2,4, parada de tres minutos e folio xiratorio.

Stat Wars, o despertar dos datos

O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07. 

 

Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet.

Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos.

Despedímonos ao modo Stat Wars:

Que a forza dos datos vos acompañe!

INICÍAMONOS NA SUMA E NA RESTA

Para iniciarnos no concepto de suma e resta, utilizamos papeliños de cores. Gústanos máis facelo así que na fichaGuiño

Distribuir contido

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 34 semanas
Enquisas hai 6 anos 32 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 32 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 32 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 31 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>