[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

2ºB

Os reloxos

Estamos a estudar as horas e pensamos facer estes reloxos que nos permiten practicar sempre que teñamos un momentiño.

 

 

Excursión a Apípolis

Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas...

Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.

 

Simetría

Facendo papiroflexia aprendemos unha nova palabra que foi simetría e empezamos a traballala en distintas actividades.
Gustounos facer baleas para decorar a nosa porta e outros tipos de actividades como pintar diferentes mandalas de forma simétrica, a trazar eixes de simetría, etc
E así fomos capaces de ver a simetría por todos lados mesmo ata nas barallas de cartas.

Aprendemos matemáticas coa papiroflexia

 A papiroflexia ou o origami son duas palabras raras que fan referencia a unha técnica que consiste en facer figuras de papel dobrándoo varias veces, sen cortalo nin pegalo.

E claro os nenos de 2ºB, aproveitamos para aprender matemáticas facendo unha paxariña de papel.

Programación curso 2014-2015

Programación de 2º B para o curso 2014- 2015

Distribuir contido