Skip to Content
 DESTAQUES

Reunión de pais/nais do alumnado de 4º de EI

02/09/2024 11:30
Europe/Madrid

A reunión coas familias do alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) será o vindeiro xoves día 5 de setembro ás 12:00 horas na aula ordinaria.

Urxente: necesidade de persoal colaborador do comedor escolar

02/09/2024 10:07
Europe/Madrid

Solicítase novamente persoal colaborador para a atención dos/as usuarios/as do comedor escolar que reúnan a condición de ser pais/nais, titores/as legais e acolledores/as familiares dos/as escolares, excolaboradores/as e persoal relacionado coa comunidade educativa.

Autorización saída centro e transporte

31/07/2024 11:36
Europe/Madrid

Poden descargar as autorizacións de saída do alumnado do centro ou transporte en documentos adxuntos.

Corrección de erros instrución comedor 24-25

04/07/2024 12:10
Europe/Madrid

No documento adxunto poden consultar a corrección de erros refente á instrución 1/2024 de comedor escolar.

Listaxes libros de texto curso 24-25

04/07/2024 12:01
Europe/Madrid

Dispoñible a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 24-25.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023 - 2024

25/06/2024 10:22
Europe/Madrid

O alumnado que finalice os estudos de ESO no curso 2023-2024 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media na ESO igual ou superior a 9, pode participar na convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Toda a información queda recollida no documento adxunto.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN E APOIO AO COMEDOR ESCOLAR

21/06/2024 11:34
Europe/Madrid

Está aberto o prazo de solicitude para a colaboración e apoio no comedor escolar.

Pode descargarse a solicitude adxunta ou recollela no centro educativo.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

21/06/2024 11:28
Europe/Madrid

Está aberto o prazo de solicitude de uso do comedor escolar para o vindeiro curso 24-25.

Poden descargar o impreso adxunto ou recollelo no centro.

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

20/05/2024 09:18
Europe/Madrid

No DOG de hoxe publícase a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible no centro educativo.

Pódese consultar toda a información premendo aquí.

BOLSAS NEAE CURSO 24-25

29/04/2024 13:07
Europe/Madrid

Poden ver  a información no documento adxunto. 

O prazo de solicitude é desde o 30 de abril ao 13 de decembro.

Máis información en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut