Skip to Content
 DESTAQUES

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO DO ALUMNADO E TRANSPORTE ESCOLAR

En documento adxunto poden descargar a autorización de saída e persoas autorizadas para a recollida do alumnado no centro  e no transporte escolar.

CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

No caso dunha urxencia ou necesidade poden contactar co centro a través do correo electrónico cpi.camino.santiago@edu.xunta.gal

BOLSAS NEAE 2022 - 2023

Desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022 está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

EXPOSICIÓN DA CÉLULA

Nestas imaxes podemos apreciar o traballo realizado polo alumnado de 1º e 4º ESO mediante diferentes debuxos e figuras en 3D das partes da célula. Dita actividade foi coordinada e dirixida polo Departamento de CC Naturais/Bioloxía do noso centro educativo.

MANDADIÑOS DO ENTROIDO

21/02/2022 14:35
Europe/Madrid

DÍA DA PAZ

Exposición e actividades do Equipo da Biblioteca Escolar, do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e do Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, co gallo do día da PAZ 2022.

PREMER PARA ESCOITAR O BLUES DA PAZ

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Mostrámosvos a exposición que realizou a biblioteca co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

 

MAGOSTO E SAMAÍN

Hoxe no centro celebramos o Magosto e o Samaín, con este motivo o alumnado degustou castañas asadas e bolos preñados. Asemade disfrutamos coa actuación musical do grupo Migallas.

O alumnado de 1º e 2º de secundaria asistiu na Casa da Cultura á actuación teatral de Os Trogloditas de Tanxarin (esta actividade foi ofertada polo concello de O Pino).

Actuación do grupo Migallas - Merenda con Pan de Millo

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Os pequenos xestos do día a día son fundamentais para coidar o noso medio. 
Preme na imaxe para ver algún destes xestos da man do alumnado de Educación Infantil. 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut