Skip to Content

Novas de interese

PRAZO DE ADMISIÓN

16/03/2023 17:30
Europe/Madrid

Lembramos que o día 20 de marzo remata o prazo de admisión para o alumnado de nova incorporación.

Poden presentar a solicitude presencialmente no centro ou por vía electrónica no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O prazo de formalización de matrícula para EI e EP será do 20/06/2023 ata 30/06/2023, para a ESO 23/06/2023 ao 10/07/2023

FELICES FESTAS E FELIZ 2023

21/12/2022 10:29
Europe/Madrid

Plan Dixital

En documento adxunto pódese acceder ao Plan Dixital do centro educativo.

TÍTULOS ESO 2019

Informamos que xa están dispoñibles na secretaría do centro para a súa recollida os títulos do alumnado que rematou a ESO no 2019.

AUTORIZACIÓNS SAÍDA CENTRO E TRANSPORTE

En documento adxunto poden descargar as autorizacións para a recollida do alumnado no centro e para o que faga uso do transporte escolar. É necesario presentalas na secretaría do centro antes do comezo das clases.

RESUMO NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO EN RELACIÓN Á COVID 19

En documento adxunto poden ver un resumo sobre os aspectos organizativos e de funcionamento para este curso 2020-2021. 

 

BO VERÁN

O CPI Camiño de Santiago quere agradecer a toda a Comunidade Educativa o traballo e o esforzo realizado durante este curso.

Os nosos mellores desexos para o verán.

Vémonos en setembro.

APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORACIÓN COMEDOR ESCOLAR

O luns 22 de xuño ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de colaboración nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

O impreso figura en documento adxunto.

Animamos ás familias do noso alumnado a colaborar neste servizo.

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO DO ALUMNADO E TRANSPORTE ESCOLAR

En documento adxunto poden descargar a autorización de saída e persoas autorizadas para a recollida do alumnado no centro  e no transporte escolar.

CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

No caso dunha urxencia ou necesidade poden contactar co centro a través do correo electrónico cpi.camino.santiago@edu.xunta.gal

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut