O prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de EP e ESO é desde o día 21 de maio ata o 22 xuño.
Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
Premendo no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002 accederase a toda a información.
Horario de atención ao público na Secretaría: 9:45 a 11:15 e de 12:10 a 14:00.