O alumnado que non superara materias de Matemáticas ten que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro. Ao igual que tódolos anos, e tal e como consta na Programación deste Departamento, consiste nun exame escrito. Celebrarase o día 3 de setembro ás 9 horas.
As unidades que serán avaliables no exame, por cursos, son:
Matemáticas 1º de ESO. Unidades 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8.
Matemáticas 2º de ESO. Unidades 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas 3º de ESO. Unidades 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 11.
Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 3º de ESO. Unidades 1, 2, 3, 4, 6, e 7.
O alumnado con materias pendentes do curso anterior sen aprobar, deberá presentarse así mesmo á proba da pendente.
Ánimo e moi feliz verán!