Debido á situación que estamos vivindo pola pandemia COVID-19, indicamos como pode acceder o alumnado para a realización das tarefas que o profesorado propón a través deste medio. Nestes momentos tócanos traballar a través de medios telemáticos, seguide as indicacións on-line.
Accederase no apartado da marxe dereita: ACTIVIDADES-ESCOLARES, atendendo a cada unha das etapas, niveis e materias.
Colgaranse tarefas todos os días, estade atentos/as ás modificacións que poidan ir aparecendo nos diferentes cursos.
Asemade, para calquera dúbida ou cuestión podedes escribirnos ao correo electrónico do centro cpi.camino.santiago@edu.xunta.es
Igualmente estamos a disposición de toda a comunidade educativa no tlf do centro 881 867 011 e no tlf 608 661 240 .
Desexando poder voltar a desenvolver o noso traballo nas aulas o máis axiña posible.