Skip to Content

Admisión-Matrícula

SOLICITUDE DE RESERVA ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

 O alumnado de 4º ESO e o alumnado de 6º EI da EEI de Gonzar deben facer a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro para escolarizarse o vindeiro curso nos centros adscritos correspondentes. Premendo no seguinte enlace poden acceder á aplicación de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf poden descargar o impreso da solicitude, igualmente está á súa disposición na secretaría  do noso CPI.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO DE EI E EP

Está aberto o prazo de matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro de EI e EP ata  o día 30 de xuño.

Poden descargar o formulario e unha vez cuberto presentalo no centro. Igualmente está dispoñible na secretaría para quen o precise.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes por parte das familias (alumnado de 4º infantil ou novo alumnado EI - EP - ESO) será desde o día 1 de marzo ata o 21 de marzo.

Métodos de presentación das solicitudes por parte das familias:

  • Poden presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.  Na aplicación accederase ao menú, Solicitude - Admisión - Crear - Confirmar.
  • Descargar e cumprimentar a solicitude que figura en documento adxunto e entregala na secretaría do centro, xunto coa documentación.
  • Recoller o impreso na secretaría do centro e entregalo cumprimentado e coa documentación pertinente.

 O horario de atención ao público na secretaría é o seguinte:

  • 9:45 - 11:00
  • 12:40 -14:00
  • Os martes de 9:45 -11:00 e de 12:40 a 13:10

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 21/22

Informamos que as solicitudes de admisión do novo alumnado para o curso 2021/2022 foron todas admitidas.

Deben formalizar a matrícula do 20 de xuño ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

O prazo de presentación de solicitudes por parte das familias (alumnado de 4º infantil ou novo alumnado EI - EP - ESO) será desde o día 1 de marzo ata o 22 de marzo.

Métodos de presentación das solicitudes por parte das familias:

  • Poden presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación  .  Na aplicación accederase ao menú, Solicitude - Admisión - Crear - Confirmar.
  • Descargar e cumprimentar a solicitude que figura en documento adxunto e entregala na secretaría do centro, xunto coa documentación.
  • Recoller o impreso na secretaría do centro e entregalo cumprimentado e coa documentación pertinente.

 O horario de atención ao público na secretaría é o seguinte:

  • 9:45 - 11:15
  • 12:10 -14:00
  • Os martes de 9:45 -11:15 e de 12:10 a 13:20

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-2022

As familias do alumnado de 4º ESO e do centro adscrito ( EEI de Gonzar) poden descargar o impreso de reserva de praza para o vindeiro curso.

As familias que desexen facelo de xeito telemático a través da aplicación admisión alumnado ( no Menú - Solicitudes - Reservas- Crear ) premer no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

Prazo de presentación do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro educativo ou a través da Sede Electrónica para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Ao alumnado do noso CPI faíselle  a reserva automática para continuar estudos no noso centro, agás que os pais/nais / titores legais manifesten o contrario.

ANEXO III MATRÍCULA

En documento adxunto figura o impreso de formalización de matrícula para o alumnado (EI e EP) de nova incorporación ao centro.  A presentación deste anexo remata o 10 de xullo.

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

MOI IMPORTANTE

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro permanecerá aberto ao público para a tramitación da admisión de 10:00 a 14:00 horas.

As familias que se acheguen ao centro para a presentación de documentación, deberán cumprir coas medidas de seguridade e protección establecidas pola Consellería de Sanidade contra o Covid 19 ( protocolos de distancia e protección persoal).

Preman para descargar o anexo II e anexo II bis para a tramitación da admisión. 

Novos prazos do proceso:

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN ALUMNADO DE 6ºEP

AVISO IMPORTANTE INFORMACIÓN 6º EP

  Desde o Departamento de Orientación elaborouse un documento con información de interese para o alumnado que comeza 1º ESO no vindeiro curso. Pódese descargar en documento adxunto.

Adxúntase tamén a folla de matrícula para o novo curso. Deberá ser entregada xunto cunha foto de carné o 19 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 horas.

PROCEDEMENTO ADMISION ALUMNADO

Premendo no seguinte enlace poderán acceder ás indicación da Consellería para o procedemento de admisión do alumnado.

 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut