Skip to Content

Ed. Secundaria

XORNADAS DE ACOLLEMENTO FAMILIAS - ALUMNADO 4º ESO

09/02/2023 14:44
Europe/Madrid

Achegamos invitación do IES As Fontiñas,  á Xornada de acollemento ás familias e alumnado do  CPI Camiño de Santiago para que coñezan a súa oferta educativa BACHARELATO E FP, as instalacións e servizos. 

CONCRECIÓN CURRICULAR

No documento adxunto figura a Concreción Curricular de EP e ESO.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E ADXUDICACIÓN DE MATRÍCULAS DE HONRA

En documento adxunto poden consultar a información relativa aos criterios de promoción, titulación e adxudicación de matrículas de honra.

PRAZO DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

Segundo recolle a Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato; e a Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial:

O prazo de reclamación das cualificacións da avaliación extraordinaria serán o luns 6 e martes 7 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 horas.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO ESO

02/07/2021 11:32
Europe/Madrid

En documento adxunto achégase o calendario dos exames de setembro do alumnado da ESO.

Inicio do curso escolar. Alumnado da ESO.

 

Benvidos de novo ao centro!

A entrada será a través do portalón do transporte. Dirixirédesvos directamente ás aulas, onde vos estará esperando o profesor/a de primeira hora, mantendo en todo momento a distancia de 1,5 metros e evitando aglomeracións. A ubicación das aulas é a seguinte:

1º de ESO: aula de Plástica (2º andar, edificio principal)

2º de ESO A e B: corredor da ESO.

3º de ESO A e B: aula de informática e adxacente (2º andar, edificio principal).

4º de ESO: aula nova.

Achéganse planos para ver a situación de cada aula.

2º A: alumnado de relixión. 2º B: alumnado de valores éticos.

3º A: alumnado de Matemáticas Aplicadas. 3º B: alumnado de Matemáticas Académicas.

1º e 3º de ESO entran pola porta do patio preto do aulario de Infantil, e súbese polas escaleiras principais ao segundo andar. 2º e 4º de ESO entran pola porta do edificio principal da ESO.

En documento adxunto tamén figuran as zonas a empregar nos recreos, sexan de chuvia (4 zonas) ou non (6 zonas rotatorias).

Asemade, as normas xerais de hixiene e seguridade achéganse noutro documento.

As saídas realizaranse de forma ordenada, por cursos, comezando polo máis lonxano, saíndo todo o alumnado pola porta do edificio principal da ESO (para evitar coincidir co alumnado de Educación Infantil neste horario).

 

INSTRUCIÓNS REALIZACIÓN EXAMES SETEMBRO

Instrucións para a realización dos exames de setembro

  • O uso da máscara é obrigado en todo momento.
  • Á chegada ao centro, pola porta principal, o alumnado hixienizará as mans con xel hidroalcohólico situado na entrada.
  • Na mesma entrada encontrará a un membro do equipo directivo, que acompañará e guiará ao alumnado á clase onde se celebrará o exame, onde o espera o/a profesor/a responsable da proba.
  •  En todo momento é imprescindible respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros coas demais persoas.
  • Antes de cada exame, poderase acceder ao baño, solicitándoo sempre ao profesorado. Utilizaranse os baños do 2º andar. Importante: só unha persoa por baño

NOVA ASIGNACIÓN DAS AULAS PARA OS EXAMES DE SETEMBRO

 

AVISO AULAS EXAMES SETEMBRO

En documento adxunto achégase a nova distribución por aulas das materias para os exames de setembro.

NOVA ASIGNACIÓN DAS AULAS PARA OS EXAMES DE SETEMBRO

 

AVISO AULAS EXAMES SETEMBRO

En documento adxunto achégase a nova distribución por aulas das materias para os exames de setembro.

REPARTO DE AULAS EXAMES SETEMBRO

En documento adxunto achégase a distribución por aulas do alumnado nos exames de setembro.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut