Skip to Content

Información

RECOMENDACIÓNS DE MATERIAL LÚDICO

22/12/2022 12:08
Europe/Madrid

Dende o Departamento de Orientación deixámosvos unha selección dos nosos xogos educativos favoritos para este Nadal.

Premendo nas imaxes da infografía poderedes atopar máis información de cada un deles. A maioría estarán dispoñibles nas xogueterías educativas de Santiago, onde seguro teñen outras opcións marabillosas que vos poderían gustar.

Animámosvos a botarlle unha ollada :)


Felices festas!

 

 

BOLSAS NEAE 2022 - 2023

Desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022 está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

BOLSAS MEFP 22-23

Aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudos non universitarios.


 
 

ELECCIÓN MATEMÁTICAS 3º - 4º ESO

A orientadora do centro facilita información a ter en conta para elexir a opción das matemáticas académicas ou aplicadas en 3º - 4º ESO.

Consultar en documento adxunto.

No caso de ter algunha dúbida podedes contactar a través do seu correo electrónico anaportela@edu.xunta.es

INFORMACIÓN ALUMNADO DE 6ºEP

AVISO IMPORTANTE INFORMACIÓN 6º EP

  Desde o Departamento de Orientación elaborouse un documento con información de interese para o alumnado que comeza 1º ESO no vindeiro curso. Pódese descargar en documento adxunto.

Adxúntase tamén a folla de matrícula para o novo curso. Deberá ser entregada xunto cunha foto de carné o 19 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 horas.

ORIENTACIÓN VOCACIONAL ESO

Enlaces de interés sobre FP, follas de matrícula de 1º de BAC de Fontiñas e de Sar, información sobre ponderacións e notas de corte dos diferentes graos universitarios.  Consultar documentos adxuntos.

Orientación profesional

http://www.edu.xunta.gal/fp/orientacion-profesional

Folletos informativos

http://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-fp

Web-quest sobre intereses profesionais

http://www.edu.xunta.gal/fp/php-webquest

 

 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut