Skip to Content

Ed. Infantil e Primaria

FESTEXO DO ENTROIDO

14/02/2023 14:34
Europe/Madrid

ENTRADAS E SAÍDAS ALUMNADO

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E DAS SAÍDAS NO CENTRO EDUCATIVO. CURSO 22/23

Estimadas familias, deixamos atrás estes cursos marcados pola pandemia da COVID e comezamos este, con moita ilusión e con modificacións na nosa organización de centro.

As entradas e saídas do noso alumnado realizarase do seguinte xeito:

ENTRADA AO CENTRO EI - EP

O alumnado usuario de transporte escolar seguirá entrando polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses.

O alumnado que non faga uso do transporte escolar entrará pola porta pequena do patio ás 9:25 horas. Os alumnos/as de educación infantil poderán entrar acompañados/as.

A custodia deste alumnado será realizada por profesorado de garda.

SAÍDA DO CENTRO EI -EP

O alumnado que non faga uso do comedor escolar  a saída será ás 14:30 horas polo patio. O/A responsable que realice a recollida poderá entrar no patio para facilitar á entrega dos alumnos/as . A saída do alumnado da etapa de Educación Infantil farase ás 14:25 horas.

Durante o mes de setembro non haberá actividades extraescolares, o alumnado que faga uso do comedor escolar pero non do transporte, será recollido ás 15:20 horas pola entrada principal do centro.

Durante o resto do curso, os/as alumnos/as que acudan ás actividades extraescolares e non fagan uso do transporte escolar serán recollidos polo patio ás 16:30. Os responsables poderán entrar no recinto escolar.

Aquel alumnado que non participe en actividades extraescolares será recollido ás 15:20 horas pola entrada principal do centro.

 

ENTRADA AO CENTRO ESO

Todo o alumnado entrará polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses a partir das 8:20 horas.

A custodia deste alumnado será realizada polo profesorado de garda.

O alumnado que non faga uso do comedor escolar durante a xornada dos martes, entrará de novo para as sesións de tarde polo portalón grande ás 14:55.

SAÍDA DO CENTRO ESO

Todos os días agás os martes, o alumnado sairá polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses ás 14:00 horas.

Os martes, o alumnado que non faga uso do comedor escolar empregará para a saída a porta principal ás 13:10 horas.

A saída ao final da xornada dos martes realizarase para todo o alumnado ás 17:30 horas usando de novo o portalón grande.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS)

O vindeiro luns día 5 de setembro ás 11:00 horas terá lugar a reunión informativa de inicio de curso para as familias do alumnado de 3 anos.

CONCRECIÓN CURRICULAR

No documento adxunto figura a Concreción Curricular de EP e ESO.

ENTRADAS E SAÍDAS ALUMNADO EI E EP

  • Organización para as entradas de Ed. Infantil e Primaria

Para a entrada do alumnado de Educación Infantil e Primaria que empregue o transporte escolar, utilizarase a entrada sur (portal grande). O alumnado de Educación Infantil que non empregue o servizo de transporte utilizará a entrada oeste (porta pequena). O alumnado de Educación Primaria que non empregue o servizo de transporte utilizará a porta principal do centro. 

  • Alumnado de Educación Infantil e Primaria de transporte escolar: 9:15 horas. 
  • Alumnado de Educación Infantil e Primaria  que non empregue o transporte escolar: 9:15 a 9:30 horas.

O período de adaptación do alumnado de 4º curso de Educación Infantil á entrada e saída durante este tempo realizarase pola porta principal. As familias non poderán acceder ao edificio principal. Evitarase a confluenza dos diferentes grupos, polo que os horarios estarán ben separados no tempo.

O alumnado usuario de transporte será o primeiro que entrará no recinto escolar, empregando a entrada sur (portal grande).

Con carácter xeral para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria:

O alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria usuario de transporte será dirixido ás aulas polo profesorado que nese momento estea no patio, mantendo a orde e a distancia de seguridade. Na clase estará o profesor/a de 1ª hora.

Ao redor das 9:15 horas abrirase a porta oeste (porta pequena) para permitir a entrada ao alumnado de Educación Infantil non usuario de transporte. O alumnado de Educación Infantil poderá vir acompañado por un proxenitor ou persoa autorizada. As familias non poderán acceder ao edificio principal. O alumnado será dirixido ás aulas polo profesorado que nese momento estea no patio, mantendo a orde e a distancia de seguridade. Ao redor das 9:15 horas abrirase a porta principal para permitir a entrada ao alumnado de Educación Primaria non usuario de transporte. As familias non poderán acceder ao recinto escolar. O alumnado será dirixido ás aulas polo profesorado que nese momento estea na entrada.

Organización das saídas do centro Educación Infantil e Primaria:

  • Alumnado que non fai uso do comedor: O alumnado de Educación Infantil sairá as 14:15 horas, de forma escalonada pola porta oeste (porta pequena) do patio. As familias poderanse achegar ao patio para recoller ao alumnado. O alumnado de Educación Primaria sairá de forma escalonada a partir das 14:20 horas, comezando polos niveis inferiores. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria sairá pola porta oeste (porta pequena) do patio, mentres que o alumnado de 3º, 4º ( 14:25 h), 5º e 6º (14:30h) sairá pola porta principal.
  • Alumnado que faga uso do comedor e transporte: O alumnado que utilice o transporte da empresa Arriva dirixirase á zona cuberta das pistas de baloncesto, mantendo a distancia de seguridade e organizándose en ringleiras por itinerarios (itinerario 3: cruce de Bermás – Recta de Cobas; itinerario 4: Vilachán – Cruce de Villabuil; itinerario 5: Saamil – As Quintas).O alumnado que utilice o transporte das empresas Freire ou Grabanxa dirixirase ao patio cuberto, organizándose en ringleiras e mantendo a distancia de seguridade. O horario de saída será ás 15:30 horas. As acompañantes/coidadoras da empresa de transporte disporanse en cada unha das zonas ou ringleiras onde está situado o alumnado de cada itinerario, e acompañarano dende dentro de recinto escolar cara os autobuses.
  • Alumnado que faga uso do comedor, pero non do transporte, sairá pola porta principal do centro. O horario de saída será ás 15:20 horas para a etapa de Educación Infantil, e a continuación procederase á saída do alumnado de Educación Primaria de forma gradual, por niveis. As familias de Educación Infantil poderán entrar no recinto, pero non no edificio. As familias de Educación Primaria, con carácter xeral, esperarán na parte exterior do portal para entregarlle ao seu fillo/a.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN EN 4º E. INFANTIL

Nos primeiros días de setembro convocarase ás familias de 4º EI para unha reunión ( seguindo os protocolos COVID establecidos pola Consellería), na que se informará dos aspectos organizativos do curso.

O periodo de adaptación (flexibilización no horario e acollida do alumnado) será desde o 9 de setembro ata o 21 de setembro.

Recomendamos que descarguen a aplicación abalarMóbil para poder transmitirlles información a través da mesma.

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO E.INFANTIL - E.PRIMARIA

INFORMACIÓN IMPORTANTE ALUMNADO E. INFANTIL – E. PRIMARIA

 

  • 19 de xuño: Publicación das cualificacións en ABALAR ás 15:00 horas ( non haberá entrega de boletíns en papel)
  • 22 e 23 de xuño: Período de reclamacións ás cualificacións. Adxúntase impreso.

Ante calquera dúbida contactar por vía telefónica ou presencial de 10:00 a 14:00 horas.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

03/09/2019 12:19
Europe/Madrid

O venres día 6 de setembro ás 12:00 horas ( 4º, 5º e 6º de EI), nas respectivas aulas.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN 4º INFANTIL

18/06/2019 13:34
Europe/Madrid

 Reunión coas familias do alumnado que se incorpora ao Centro, no curso 2019/20, en 4º de Educación Infantil.

Día: 25 de xuño.

Hora: 12:00 horas.

Lugar: aulas de educación infantil.

 

Visita ao Centro do alumnado que se incorpora no curso 2019/20, en 4º Educación Infantil

Día: 25 xuño.

Hora: 10:30 h á 11:30 h.

Todos/as os/as nenos/as deberán permanecer acompañados por unha persoa adulta. No caso do alumnado da escola infantil Galiña Azul, serán as propias mestras, nos demais casos será un familiar ou persoa responsable/autorizada.

 

 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut