Php Webquest

 

Tarefa recomendada para o alumnado de 4º de ESO.

Paréceche que levas moitos anos estudando e chega o momento en que, tes que decidir a que te vas dedicar.

Se non queres estudar bacharelato tes a opción de cursar un ciclo formativo de grao medio e prepararte profesionalmente para algo que che gusta.

Tes dúas formas incompatibles de acceder aos ciclos formativos de grao medio:

  • Acceso directo, se tes o título de graduado en educación secundaria.
  • Superación dunha proba de acceso. Para concorrer a esta proba debes ter 17 anos ou cumprilos no mesmo ano en que se realicen os exames.

 
Para axudarte a descubrir cal é a túa vocación profesional, te pedimos que reserves un momento do teu tempo para averiguar cales son os teus intereses e cal e a familia profesional que se axusta a eles.

O webquest consiste en tres pasos:

  1. Descubrir cal é a túa verdadeira vocación.
  2. Obter información sobre a familia profesional que máis se axusta ás túas características e intereses persoais.
  3. Elaborar un pequeno informe coas túas preferencias.

 
Preme co rato nas seguintes ligazóns para acceder a cada paso: