Skip to Content
 DESTAQUES

BOLSAS MEFP 22-23

Aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudos non universitarios.


 
 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes por parte das familias (alumnado de 4º infantil ou novo alumnado EI - EP - ESO) será desde o día 1 de marzo ata o 21 de marzo.

Métodos de presentación das solicitudes por parte das familias:

  • Poden presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.  Na aplicación accederase ao menú, Solicitude - Admisión - Crear - Confirmar.
  • Descargar e cumprimentar a solicitude que figura en documento adxunto e entregala na secretaría do centro, xunto coa documentación.
  • Recoller o impreso na secretaría do centro e entregalo cumprimentado e coa documentación pertinente.

 O horario de atención ao público na secretaría é o seguinte:

  • 9:45 - 11:00
  • 12:40 -14:00
  • Os martes de 9:45 -11:00 e de 12:40 a 13:10

TÍTULOS ESO 2019

Informamos que xa están dispoñibles na secretaría do centro para a súa recollida os títulos do alumnado que rematou a ESO no 2019.

AUTORIZACIÓNS SAÍDA CENTRO E TRANSPORTE

En documento adxunto poden descargar as autorizacións para a recollida do alumnado no centro e para o que faga uso do transporte escolar. É necesario presentalas na secretaría do centro antes do comezo das clases.

LISTAXES LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

En documento adxunto figuran as listaxes dos libros de texto para o vindeiro curso.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

O prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de EP e ESO é desde o día 21 de maio ata o 22 xuño.

Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Premendo no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002 accederase a toda a información.

Horario de atención ao público na Secretaría: 9:45 a 11:15 e de 12:10 a 14:00.

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 21/22

Informamos que as solicitudes de admisión do novo alumnado para o curso 2021/2022 foron todas admitidas.

Deben formalizar a matrícula do 20 de xuño ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

O prazo de presentación de solicitudes por parte das familias (alumnado de 4º infantil ou novo alumnado EI - EP - ESO) será desde o día 1 de marzo ata o 22 de marzo.

Métodos de presentación das solicitudes por parte das familias:

  • Poden presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación  .  Na aplicación accederase ao menú, Solicitude - Admisión - Crear - Confirmar.
  • Descargar e cumprimentar a solicitude que figura en documento adxunto e entregala na secretaría do centro, xunto coa documentación.
  • Recoller o impreso na secretaría do centro e entregalo cumprimentado e coa documentación pertinente.

 O horario de atención ao público na secretaría é o seguinte:

  • 9:45 - 11:15
  • 12:10 -14:00
  • Os martes de 9:45 -11:15 e de 12:10 a 13:20

RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-2022

As familias do alumnado de 4º ESO e do centro adscrito ( EEI de Gonzar) poden descargar o impreso de reserva de praza para o vindeiro curso.

As familias que desexen facelo de xeito telemático a través da aplicación admisión alumnado ( no Menú - Solicitudes - Reservas- Crear ) premer no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

Prazo de presentación do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro educativo ou a través da Sede Electrónica para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Ao alumnado do noso CPI faíselle  a reserva automática para continuar estudos no noso centro, agás que os pais/nais / titores legais manifesten o contrario.

VÍDEO 25 N

O alumnado de 5º EP participou no vídeo titulado "SÓLTAME" co motivo do DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO.

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut