Skip to Content
 DESTAQUES

MANDADIÑOS DO ENTROIDO

21/02/2022 14:35
Europe/Madrid

DÍA DA PAZ

Exposición e actividades do Equipo da Biblioteca Escolar, do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e do Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, co gallo do día da PAZ 2022.

PREMER PARA ESCOITAR O BLUES DA PAZ

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Mostrámosvos a exposición que realizou a biblioteca co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

 

MAGOSTO E SAMAÍN

Hoxe no centro celebramos o Magosto e o Samaín, con este motivo o alumnado degustou castañas asadas e bolos preñados. Asemade disfrutamos coa actuación musical do grupo Migallas.

O alumnado de 1º e 2º de secundaria asistiu na Casa da Cultura á actuación teatral de Os Trogloditas de Tanxarin (esta actividade foi ofertada polo concello de O Pino).

Actuación do grupo Migallas - Merenda con Pan de Millo

URXENTE COLABORACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Poñemos en coñecemento que necesitamos persoal colaborador para atención ao alumnado no servizo de comedor escolar. As familias que estean interesadas deberán achegarse á secretaría do centro.

SOLICITUDE DO EMPREGO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 21-22

Durante o mes de xullo poderán solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

A solicitude poden recollela na secretaría do centro en horario de atención ao público ( 10:00 a 12:30 horas) ou descargala no documento adxunto.

PAGAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

En documento adxunto figuran as modalidades de pagamento do servizo do comedor escolar. 

Inicio do curso escolar. Alumnado da ESO.

 

Benvidos de novo ao centro!

A entrada será a través do portalón do transporte. Dirixirédesvos directamente ás aulas, onde vos estará esperando o profesor/a de primeira hora, mantendo en todo momento a distancia de 1,5 metros e evitando aglomeracións. A ubicación das aulas é a seguinte:

1º de ESO: aula de Plástica (2º andar, edificio principal)

2º de ESO A e B: corredor da ESO.

3º de ESO A e B: aula de informática e adxacente (2º andar, edificio principal).

4º de ESO: aula nova.

Achéganse planos para ver a situación de cada aula.

2º A: alumnado de relixión. 2º B: alumnado de valores éticos.

3º A: alumnado de Matemáticas Aplicadas. 3º B: alumnado de Matemáticas Académicas.

1º e 3º de ESO entran pola porta do patio preto do aulario de Infantil, e súbese polas escaleiras principais ao segundo andar. 2º e 4º de ESO entran pola porta do edificio principal da ESO.

En documento adxunto tamén figuran as zonas a empregar nos recreos, sexan de chuvia (4 zonas) ou non (6 zonas rotatorias).

Asemade, as normas xerais de hixiene e seguridade achéganse noutro documento.

As saídas realizaranse de forma ordenada, por cursos, comezando polo máis lonxano, saíndo todo o alumnado pola porta do edificio principal da ESO (para evitar coincidir co alumnado de Educación Infantil neste horario).

 

ELECCIÓN MATEMÁTICAS 3º - 4º ESO

A orientadora do centro facilita información a ter en conta para elexir a opción das matemáticas académicas ou aplicadas en 3º - 4º ESO.

Consultar en documento adxunto.

No caso de ter algunha dúbida podedes contactar a través do seu correo electrónico anaportela@edu.xunta.es

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Os pequenos xestos do día a día son fundamentais para coidar o noso medio. 
Preme na imaxe para ver algún destes xestos da man do alumnado de Educación Infantil. 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut