Skip to Content
 DESTAQUES

VÍDEOS LETRAS GALEGAS 2020 EDNL

Premer nas imaxes para ver os vídeos realizados polo EDNL co motivo do Día das Letras Galegas.

 

UN RAPAZ DE FERROL 

ESQUECÍA VIVIR

Desexamos que vos gusten.

LETRAS GALEGAS 2020

14/05/2020 12:42
Europe/Madrid

Bo día!

A traves do enlace seguinte, podedes acceder ao blogue da biblioteca, e atopar alí xogos, pasatempos e actividades para o día das Letras Galegas.

 

ENTRAR NO BLOGUE

 

Nos adxuntos de abaixo podedes descargar os pasatempos que fixemos dende a biblioteca.

 

Un saúdo!

DÍA DO LIBRO

A profe Dalia cóntanos un conto para todas e todos.

 

Preme na imaxe para poder velo.

Moitas grazas profe.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Premendo na imaxe podedes acceder ás propostas da biblioteca escolar.

URXENTE: RECEPCIÓN NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN.

No día de hoxe a Consellería de Educación, Universidade e F.P vén de facer pública unha instrución sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre.

A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederemos na vindeira semana a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. 

Dada esta situación necesitamos que todas as familias teñan a  disposición nos seus teléfonos móbiles a APP ABALARMÓBIL, para poder recibir as cualificacións do alumnado.

As cualificacións serán publicadas o venres día 3 de abril.

No seguinte enlace deixamos unha guía de acceso e manexo do ABALARMÓBIL

Ante calquera incidencia poden contactar con nos por correo electrónico ou por vía telefónica.

 
 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE A NON ASISTENCIA AO CENTRO POLA PANDEMIA

Debido á situación que estamos vivindo pola pandemia COVID-19, indicamos como pode acceder o alumnado para a realización das tarefas que o profesorado propón a través deste medio. Nestes momentos tócanos traballar a través de medios telemáticos, seguide as indicacións on-line.

Accederase no apartado da marxe dereita: ACTIVIDADES-ESCOLARES, atendendo a cada unha das etapas, niveis e materias.

Colgaranse tarefas todos os días, estade atentos/as ás modificacións que poidan ir aparecendo nos diferentes cursos.

Asemade, para calquera dúbida ou cuestión podedes escribirnos ao correo electrónico do centro cpi.camino.santiago@edu.xunta.es

Igualmente estamos a disposición de toda a comunidade educativa no tlf do centro 881 867 011 e no tlf 608 661 240 .

 Desexando poder voltar a desenvolver o noso traballo nas aulas o máis axiña posible.

 

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS POLO COVID-19

Prema para acceder á información facilitada pola Consellería de Educación, Universidade e F.P sobre a suspensión da xornada lectiva e as medidas a adoptar sobre a pandemia covid-19.

 

PROCEDEMENTO ADMISION ALUMNADO

Premendo no seguinte enlace poderán acceder ás indicación da Consellería para o procedemento de admisión do alumnado.

 

PROCEDEMENTO ADMISION ALUMNADO

No seguinte enlace poden acceder a toda a información sobre o procedemento de admisión do alumnado para o curso 2020/2021.

 

Distribuir contido
<><><>


 
by Dr. Radut