Skip to Content

Blogs

MOITO MEDRAN ESTAS FABAS...

Estas fabas medran un montón! Dentro de pouco saen pola fiestra! ;) 

MÁIS EXPERIMENTOS

Os nenos e nenas de 5º trouxéronnos unhas sementes de fabas a ver se o tamaño da semente influía no tamaño da planta, o experimento non saíu pero no seu lugar apareceron unhas larvas moi sopeitosas. Que serían? Tapamos o vaso e aos poucos días... MOSQUITOOOOS!! 

POLO DÍA DA MULLER: MULLERES ESTRELA

Coñecemos mulleres galegas que destacaron por algo no seu tempo e facemos estrelas con dous triángulos como nos ensina unha das nenas. Así tamén traballamos a escritura e os textos instrutivos. Aquí vos deixamos un exemplo. 

PLANT-ARTE

As plantas na pintura, coñecemos pintores famosos que representan as plantas nos seus cadros.

-"BODEGÓN" DE FRIDA KAHLO.

- "OS XIRASOIS" DE VAN GOGH.

- "A ÁRBORE DA VIDA" DE GUSTAV KLIMT.

 

OS NENOS DE 5º TRÁENNOS INFORMACIÓN SOBRE OS TIPIS

Moitas grazas! Temos pendiente redactar as normas de entrada.

AXUDANDO NA CASA

Seguimos a axudar na horta da nosa casa as fins de semana. Grazas familias polas fotos!

Máis poesía, máis diversión

Xa temos na nosa biblioteca a colección de Everest "Do A ao Z con...". Trátase dunha recompilación de poesía de grandes poetas galeg@s (Castelao, Rosalía, Neira Vilas, Pondal...) a través de voces contemporáneas e con fermosísimas ilustracións. Non perdades detalle!

CONCURSO DE DEBUXO

Xa enviastes o voso debuxo? Lembrade que o luns remata o prazo!

ABONO PARA A TERRA OU COMPOST

Ola! Como sabedes podemos abonar a terra do noso horto de varias formas: 

- Con abonos químicos.

- Con esterco.

- Con compost.

Aquí vos deixo uns vídeos para que vexades o que é o compost e como se fai.

Distribuir contenido


by Dr. Radut