Novas Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 5 horas 40 min

Román Rodríguez agradece o labor dos 300 docentes que participan nos grupos de traballo para a nova ordenación da FP

Xov, 02/05/2024 - 14:39

Summary: 

O conselleiro de Educación e Ciencia reúnese cos profesores que están a colaborar na elaboración da nova normativa para regular a FP e adaptala á nova lei estatal

“En Galicia traballamos para conservar a esencia e os principios da nosa FP, que ten xerado un modelo propio que funciona”, di o conselleiro

Idioma Gallego

Video: 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceu hoxe o labor dos 300 docentes que participan nos grupos de traballo para a nova ordenación da FP. Fíxoo no marco dunha reunión con estes profesores para analizar os novos retos que supón a adaptación á lei estatal, tendo en conta que o Ministerio aínda non ten publicada a normativa básica pola que se terán que guiar as administracións autonómicas. 

Este primeiro encontro permitirá analizar como desenvolver tres áreas clave da FP, en concreto o reparto de horas de módulos profesionais que garantan o maior rendemento posible, a actualización dos contidos para que respondan ás necesidades do tecido produtivo e a revisión dos itinerarios formativos segundo o actual escenario profesional.

O responsable do departamento educativo da Xunta lembrou que o baleiro normativo do Ministerio non afecta só á ordenación da FP, senón tamén aos cambios que será preciso introducir en cada unha das titulacións. “Hoxe avanzamos nunha reflexión colectiva que buscará potenciar e reforzar canto levamos feito até o de agora e implementalo no vindeiro curso e facémolo da man de docentes que contan con sobrada experiencia tanto no eido académico como no desempeño estritamente profesional”, destacou.

Entre as novidades principais da nova lei estatal está a introdución de novos módulos, algúns de nova creación, outros en substitución dos xa existentes, o que vai demandar cambios en todos os ciclos. Ademais, increméntase ata un máximo de 700 as horas de formación en empresa, mantendo tamén a formación en centros e, polo tanto, as funcións e horarios do profesorado. Así mesmo, a Xunta vai duplicar a formación en inglés respecto do mínimo establecido polo Ministerio, co fin de que o alumnado da FP galega acaba os seus estudos sendo plurilingüe. 

“O noso obxectivo é que aplicación da lei posibilite manter a calidade do noso sistema de FP, lamentando as incertezas que está xerando a inacción do Goberno central co calendario que eles mesmo se marcaron”, sinalou Román Rodríguez. “En Galicia levamos tempo traballando para conservar a esencia e os principios da nosa FP, unha formación cunha altísima empregabilidade e que ten xerado nos últimos anos un modelo propio que funciona”, recalcou.

Audio: 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de boas prácticas no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia

Xov, 02/05/2024 - 13:11

Summary: 

Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade

A cita, que acollerá conferencias, paneis e exposicións de proxectos, celebrarase na Casa da Cultura, no Instituto IES O Ribeiro e no Colexio CEIP Plurilingüe de Ribadavia

O evento está organizado pola Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Princesa de GIrona e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia

Idioma Gallego

O II Congreso Nacional da Escola Rural, que se desenvolverá mañá en Ribadavia e contará con uns 300 asistentes de toda España, programa un amplo programa para reivindicar o papel fundamental do ensino rural, funcionando como axente clave do tecido educativo, pero tamén como elemento vertebrador da sociedade e da cohesión territorial e familiar.

Organizado pola Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Princesa de Girona e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia, o congreso contará coa participación de 40 centros educativos de todo o territorio nacional. A implicacións destes centros busca difundir o valor da educación rural e a súa aposta pola innovación e a integración en todas as dimensións da ensinanza, traballando así a prol da Igualdade de oportunidades. Durante o desenvolvemento da cita, un total de 29 centros galegos terán un protagonismo especial participando en conferencias, feiras e talleres de boas prácticas.

O Congreso Nacional da Escola Rural contará cun panel de expertos, que se celebrará na Casa da Cultura, para achegar aos asistentes as metodoloxías, programas e desenvolvemento da escola rural en Galicia. Nel participarán docentes da Escola Infantil EEI de Donramiro de Lalín, do Colexio Rural Agrupado CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso, do Colexio CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, do Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e do Instituto IES O Ribeiro de Ribadavia.

Durante a xornada tamén se desenvolverá unha feira coa participación de 15 centros, que darán a coñecer o seu traballo diario co alumnado e os diferentes programas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP nos que participan. Son o Colexio CEIP Francisco López Estrada de Mañón, o Instituto IES Cabo Ortegal de Cariño, o Instituto IES Maximino Romero de Lema de Zas, o IES Pedra da Aguia de Camariñas, o Colexio CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, o Colexio CEIP de Samos, o Colexio CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, o Colexio CRA Plurilingüe de Monterrei en Verín, o Colexio CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande, o Colexio CEIP A Lama, o Instituto IES Plurilingüe de Valga, o Colexio CEIP Plurilingüe de Tebra en Tomiño, o Colexio CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera de Ponteareas, o Colexio CEIP Plurilingüe de Louro e o Colexio CEIP Plurilingüe de Toques.

Conferencias e exposicións

A Xunta de Galicia compartirá o seu traballo a prol da integración da escola rural ao longo de toda a xornada, que estará inaugurada polo Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández. Ademais, a través da conferencia Patróns e compromiso coa escola rural da man da profesora da Universidade de Zaragoza, Pilar Abós, a doutora en Ciencias da Educación falará de servizo público, centros educativos heteroxéneos e estilo propio. Coa exposición Urbano vs Rural. Galicia, distrito educativo único a cargo do secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, achegarase aos participantes ao modelo do ensino rural galego.

Ademais, os asistentes tamén poderán asistir a mesa redonda sobre o presente e futuro da escola rural, na que participarán a coordinadora do programa Generación Docentes da Fundación Princesa de Girona, María del Carmen Salcedo; a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e vicedecana da mesma, Nuria Rebollo; o director xeral de Persoal, Formación e Innovación do Goberno de Aragón, José María Cabello; a secretaria xeral de Educación e Formación Profesional de Extremadura, María Pilar Pérez; o director xeral de Innovación e Ordenación Educativa da Rioxa, Fabián Martín, e o director xeral de Innovación e Formación do Profesorado de Castela e León, Luis Domingo González.

Os proxectos de éxito

Xa pola tarde, desenvolveranse os talleres paralelos no Instituto IES O Ribeiro e no Colexio CEIP Plurilingüe de Ribadavia. Serán un total de 20 centros, dos que 11 veñen de fóra de Galicia. O Colexio CRA Plurinfantil de Valga exporá o seu proxecto sobre espazos de centros e aprendizaxe; o Equipo de Orientación Específico de Ourense explicará como apostar polo coidado do benestar na comunidade educativa; o Colexio CEIP Plurilingüe O Graxal de Cambre amosará o seu proxecto sobre Atención á diversidade, e o Instituto IES Maximino Romero de Lema de Zas falará sobre innovación e internacionalización.

Neste espazo tamén terán cabida o Colexio CRA Río Tajo de Saucedilla de Extremadura e o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes para expoñer o desenvolvemento de aulas multigrado, mentres que o Colexio CRA Los Olivos de Madrid e o CRA de Entrevalles de A Rioxa farano de metodoloxías activas. O Colexio CRA Montesnegros de Huesca e o CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño exporán o seu proxecto sobre o papel que xogan as familias e o entorno na comunidade educativa, e o Colexio CEIP Valle del Nansa de Cantabria e o Colexio CRA Moncalvillo de A Rioxa presentarán as súas metodoloxías de inclusión e diversidade.

Finalmente, o Instituto IES Carpe Diem de Madrid, o Colexio CRA Zarcilla de Ramos e o CRA El Sabinar de Murcia falarán sobre diXitalización na escola rural, mentres que de internacionalización na escola rural encargaranse o Colexio CEIP Plurilingüe A Laxe de Ferrol e o CEIP Plurilingüe de Maceda. O Instituto IES Pablo Diez de Boñar de Castela e León e o Colexio CEIP Plurilingüe de As Covas de Meaño exporán o seu proxecto sobre a transformación dos centros, e o Colexio Toral de los Vados de Castela e León e o CRA Montesnegros de Aragón serán os encargados de falar do programa Generación Docente da Fundación Princesa de Girona.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Innovación Educativa destaca a función da inspección como unha das claves da organización e a calidade do ensino

Xov, 02/05/2024 - 13:06
Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliña a importancia do labor do corpo de inspectores como unha das claves para a organización e a calidade do ensino galego.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participou esta mañá no Congreso da Inspección Educativa en Galicia que, baixo o lema A inspección educativa: novos retos, novas oportunidades, se desenvolve entre hoxe e mañá en Ourense. O encontro, organizado pola Asociación de Inspectoras e Inspectores de Educación de Galicia, ten como obxectivo intercambiar análises e experiencias neste ámbito e, sobre todo, facer fincapé na aposta pola innovación pedagóxica. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O sergas convoca 158 prazas de persoal sanitario de formación profesional mediante concurso-oposición

Xov, 02/05/2024 - 11:41
Idioma Gallego

O Diario Oficial de Galicia ​ publicou o pasado 30 de abril a convocatoria de 158 prazas por concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde en catro categorías de persoal sanitario de formación profesional.

En concreto, ofértanse 121 prazas de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico (das que 54 son de acceso libre, 6 de discapacidade xeral e 61 de promoción interna), 16 prazas de técnico superior en dietética (7 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 8 de promoción interna), 13 prazas de técnico superior en documentación sanitaria (5 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 7 de promoción interna) e 8 prazas de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (4 de acceso libre e 4 de promoción interna).

O proceso desenvolverase mediante tres exercicios na fase de oposición e na baremación dos méritos correspondentes na fase de concurso. Entre a experiencia que se valorará, o Sergas outórgalle unha puntuación adicional a ter prestado servizos en centros sanitarios considerados illados (nos hospitais comarcais ou en determinados centros sanitarios de atención primaria) e ter prestado servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinado pola covid.

As persoas aspirantes dispoñen dun mes contado desde o día seguinte á publicación no DOG desta convocatoria para presentar as súas solicitudes de participación.

No caso de persoas con discapacidade, poderán solicitar a necesaria adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios. Ademais, as vítimas de violencia de xénero ou violencia sexual poden solicitar a protección e seudonimización dos seus datos identificativos.

Mais información.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Alumnado

Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado

Xov, 02/05/2024 - 08:10
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os centros inscribirán o alumnado que solicitase participar na proba de nivel intermedio ou na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio, coa data límite do 22 de maio, ás 23:59 horas.

Mais información.

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Galicia reduce a mínimos a porcentaxe de alumnado repetidor e sitúase mellor que a media estatal en todas as etapas educativas

Mér, 01/05/2024 - 12:25

Summary: 

Os datos constatan os mellores rexistros dos últimos seis anos, sen contar os cursos da pandemia, onde se flexibilizaron os criterios de promoción

A nosa Comunidade sitúase no grupo con menos alumnos repetidores de España

A Consellería de Educación seguirá reforzando os programas de apoio tanto no eido de competencias académicas como no da atención á diversidade e a convivencia

Idioma Gallego

Galicia reduce a taxa de alumnado repetidor a mínimos en todas as etapas educativas e sitúase mellor que a media de España tanto en Educación Primaria como en Secundaria e en Bacharelato, segundo constatan os últimos datos estatísticos feitos públicos polo Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2022-23.

Así pois, o sistema educativo galego rexistra as mellores cifras neste eido nos últimos seis cursos, sen contar os da pandemia, onde se flexibilizaron os criterios de promoción por mor do contexto sanitario daquel momento. Ademais, sitúase no grupo de cabeza das comunidades autónomas con menos repetidores.

A evolución máis positiva rexístrase na etapa de Educación Primaria, cunha taxa de repetición do 0,7 % de media en Galicia (a estatal é do 1,1 %). A baixada é especialmente acusada se se compara co curso 2017/18, onde se rexistrou un 2,1 % de repetidores. No que atinxe á posición a nivel estatal, Galicia sitúase na cuarto comunidade autónoma con menos porcentaxe de repetidores, tras ocupar o posto décimo segundo no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

2,1 %

2,4 %

2018/2019

1,9 %

2,4 %

2019/2020

1,9 %

2,3 %

2020/2021

0,7 %

1,2 %

2021/2022

1,9 %

2,1 %

2022/2023

0,7 %

1,1 %

 

En Educación Secundaria tamén se constata unha dinámica positiva cunha redución de 3,7 puntos en seis cursos, ao pasar dos 10,2 % de repetidores no curso 2017/18 ao 6,5 % no curso 2022/23. Esta cifra tamén é mais baixa ca media estatal, que se sitúa no 7 %.

As porcentaxes á baixa de repetidores confírmanse en todos os cursos da ESO, sendo menor no caso de 4º de ESO, onde repetiron o 5,7 % dos estudantes, un punto porcentual máis baixo que o 6,7 % de media estatal neste curso.

En canto á posición entre comunidades, ocupa o sétimo posto con menor porcentaxe de repetidores, cunha baixada significativa desde o posto décimo no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

10,2 %

9,5 %

2018/2019

8,9 %

8,7 %

2019/2020

8,7 %

8,5 %

2020/2021

2,5 %

4,2 %

2021/2022

7,8 %

7,6 %

2022/2023

6,5 %

7,0 %

 

Na etapa de Bacharelato, a taxa de repetición en Galicia sitúase no 4,4 % fronte ao 5,9 % de España. Isto supón unha baixada de 3,6 puntos con respecto ao 2017/18. Maila citada baixada, no ránking entre comunidades permanece estable no posto catro, igual que no curso 2017/18.

Cursos

Galicia

España

2017/2018

8,0 %

9,3 %

2018/2019

6,5 %

8,3 %

2019/2020

6,4 %

8,0 %

2020/2021

1,2 %

3,4 %

2021/2022

5,3 %

6,9 %

2022/2023

4,4 %

5,9 %

 

Programas de apoio

Na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está en marcha un amplo abano de accións específicas dirixidas ao reforzo das competencias académicas e, deste xeito, aumentar o éxito escolar, como así confirman as últimas estatísticas do Ministerio de Educación. Nesta liña cómpre mencionar o Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo PROA+, dirixido ao alumnado máis vulnerable para axudalo a superar dificultades específicas de aprendizaxe. Cun orzamento de máis de 6,4 M€, a través deste programa dotouse de 386 docentes extra a 362 centros educativos e beneficiou a 9.050 alumnos.

A Consellería tamén puxo en marcha a Rede de acompañamento e orientación persoal e fa miliar de Galicia, RAOGAL, un programa de apoio educativo que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2021/22 e que a día de hoxe duplicou recursos coa disposición de 71 docentes responsables que exercen de coordinadores dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades, con especial atención aos que están en risco de abandono escolar, absentista e con dificultades de aprendizaxe.

Outro dos aspectos nos que máis se incide é no ámbito da atención á diversidade como un elemento clave para garantir a educación inclusiva nas primeiras etapas educativas. A este reto responde o programa Acompaña, dirixido á etapa de Educación Infantil e os dous primeiros ciclos de Educación Primaria, dotado con 2,1 M€ e que este curso conta con 86 profesores e chega a máis de 2.000 alumnos. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 12.000 alumnos de FP e ensinanzas de réxime especial poderán acreditar as súas competencias dixitais

Mér, 01/05/2024 - 12:21

Summary: 

A Consellería de Educación abre o prazo ata o 22 de maio para que os estudantes poidan obter un certificado de nivel inicial u intermedio neste eido

Con esta convocatoria complétase o proceso para acceder a estes certificados no sistema educativo logo de implantalo antes para ESO, Bacharelato e profesorado

Idioma Gallego

Máis de 12.000 alumnos de FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas de Educación Secundaria e Bacharelato para persoas adultas poderán acreditar as súas competencias dixitais desde o sistema educativo. A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades publicará mañá a resolución a través da que, desde este mesmo curso, os titulados nas devanditas ensinanzas poidan obter un certificado de iniciación ou intermedio do seu desempeño neste eido.

Con esta convocatoria, a Xunta completa o proceso para acceder a estes certificados no sistema educativo logo de implantalo nos últimos meses para as etapas de ESO e Bacharelato e para o conxunto do profesorado.

A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderase obter por tres vías: titular nunha das devanditas ensinanzas, superar unha proba específica ou combinando ambas as opcións.

Acreditación automática

En concreto, acreditarán de xeito automático o nivel de iniciación os alumnos que no curso 2023/24 obteñan un título de FP Básica ou de graduado en ESO no réxime para persoas adultas.

No caso do certificado de nivel intermedio, será automático para os que obteñan un título de FP de grao superior ou de técnico superior de artes plásticas e deseño de réxime especial, así como un título de máster de FP, sempre e cando acredite dispor dun título de técnico superior ou técnica superior.

A maiores, obterán a acreditación os titulados nun ciclo de grao medio en Sistemas Microinformáticos e Redes, en Instalacións de Telecomunicacións ou en Instalacións Eléctricas e Automáticas, ademais dos que rematen os cursos de especialización en Implementación de Redes 5G ou en Instalación e Mantemento de Sistemas Conectados a Internet, sempre que o alumnado acredite dispor dun título de técnico ou técnica, ou de técnico superior ou técnica superior.

Proba específica

Para o resto de titulacións ou para obter o seguinte nivel de acreditación –é dicir, para obter o nivel intermedio– haberá que superar unha proba, xa sexa de modo completo ou só dunha parte. Os alumnos que así o desexen poderán solicitalo ata o 22 de maio a través dos seus correspondentes centros.

As probas desenvolveranse tamén nos propios centros, no mes de xuño, nunha data aínda por determinar e desenvolveranse de acordo cos estándares establecidos no Marco galego de competencias dixitais para cada nivel.

A certificación que acredite un nivel completo de competencias estará dispoñible na Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumno. No caso de que o estudante só acade un certificado parcial, para algunhas áreas de dominio, este será entregado polo centro educativo ao estudante.

Primeiro sistema específico

O obxectivo desta acreditación é garantir a axeitada formación e preparación tanto de alumnos coma de docentes para afrontar os novos retos nunha sociedade cada vez máis cambiante. Enmárcase na Estratexia EduDixital 2030, que ten a acreditación de competencias dixitais como unha das súas accións de impacto. Galicia é a primeira comunidade autónoma en habilitar un sistema específico de acreditación de competencias dixitais para o ensino, tanto para docentes como para alumnos.

De feito, na primeira fase obtiveron xa acreditacións de competencia dixital preto de 20.500 docentes, en base á formación específica coa que xa contaban. A Consellería está traballando nun paquete de accións específicas para mellorar o nivel de competencias dixitais do conxunto do profesorado, tanto para que os docentes xa acreditados incrementen o nivel obtido como para que o resto poida acadar un primeiro nivel de acreditación. A previsión é que ata finais deste curso poidan acreditar as súas competencias arredor de 30.000 profesores e 20.000 deles poidan incrementar o nivel inicial acadado nesta primeira fase.

De xeito paralelo, máis de 49.000 alumnos de ESO e Bacharelato acreditarán este curso as súas competencias dixitais a través do novo sistema habilitado pola Consellería, tamén nos niveis de iniciación e intermedio.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás acolle mañá unha charla sobre os mitos e as evidencias do uso intensivo das pantallas

Mér, 01/05/2024 - 12:14

Summary: 

José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, ofrecerá este xoves un relatorio dentro do ciclo de Cultura Científica da Xunta

Idioma Gallego

José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, protagonizará este xoves unha nova cita do Ciclo de Cultura Científica impulsado pola Xunta de Galicia baixo o título Tecnoloxía con sentidiño co fin de abordar temáticas como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

Nesta ocasión, a charla Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicación na rede terá lugar mañá, 2 de maio, ás 18,00 horas, na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Nela, o doutor en Psicoloxía analizará o que popularmente entendemos por adicción e se ese termo describe axeitadamente os problemas causados polo uso excesivo das redes sociais e outras aplicación en internet.

Neste senso, José Carlos Perales abordará a base científica e o temor de que o uso excesivo das tecnoloxías poida ser prexudicial para á saúde mental dos rapaces, así como a importancia de investigar todas estas cuestións de xeito sistemático e atendendo a algúns factores importantes para previr posibles problemas.

Charlas ata o mes de xuño

O programa de conferencias continuará ata o mes de xuño cun amplo abano de profesionais co obxectivo de ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria, documentada e baseada en investigacións sobre o uso da tecnoloxía. Así, tras José César Perales será a quenda de Juanjo Montiel Pérez, enxeñeiro senior de software de Microsoft, que o vindeiro 16 de maio aportará unha ollada desde a discapacidade e a plena integración da tecnoloxía na conferencia Tecnoloxía e accesibilidade.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez enxalza a traxectoria do Colexio CPI Ramón Piñeiro por ser “a canteira de talento de toda Láncara”

Mar, 30/04/2024 - 15:11

Summary: 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional participa nos actos conmemorativos do 50º aniversario do centro

A Xunta de Galicia comprométese a seguir traballando para garantir unha educación de calidade nas zonas rurais cuxo impacto “transcenda do meramente educativo”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos conmemorativos do 50º aniversario do Colexio CPI Ramón Piñeiro, ao que se referiu como a “canteira de talento de toda Láncara grazas aos moitos anos de traballo e dedicación tanto do alumnado como do equipo docente”.

O representante da Xunta, encargado de descubrir a placa conmemorativa dos 50 anos de vida do centro, considera que chegar ás cinco décadas de vida é un “reflexo de madurez, consolidación, experiencia e oportunidade de seguir aprendendo“. Neste senso, lembrou o compromiso do Goberno galego para garantir unha educación de calidade nas zonas rurais e ampliar o impacto destes centros que transcende do meramente educativo “e entra de cheo na memoria persoal, pois é un punto de encontro que se vai herdando de xeración en xeración”.

Reencontro cun dos seus mestres

O titular de Educación fixo unha mención especial a Xurxo Rodríguez, docente veterano do centro que se xubila este ano e que foi, ademais, profesor do propio conselleiro. “Se eu cheguei a ser o que son hoxe en día foi precisamente pola formación que recibín e polo moito que aprendín na miña etapa de estudante”, dixo, recordando a Xurxo Rodríguez como un “mestre cos que ampliei a miña visión do mundo”.

“De seguro que, nestes 50 anos, son milleiros os ex-alumnos do Ramón Piñeiro que botan a vista atrás e agradecen o traballo dese docente que os acompañou e inspirou, como eu lle agradezo a Xurxo”, asegurou Román Rodríguez, que aplaudiu o esforzo de toda a comunidade educativa por “saber transformarse e enfrontarse aos desafíos con cada nova xeración de alumnos”.

Durante a súa visita, Román Rodríguez tamén visitou as instalacións do CPI Ramón Piñeiro,  un centro que conta con máis de 200 estudantes e que é unha referencia e un exemplo da igualdade de oportunidades para o alumnado do rural pola súa participación en programas de innovación, vida activa, deporte e linguas como o Edixgal, o club de ciencia ou a sección bilingüe.

Así mesmo, firmou o libro de honra e coñeceu máis da traxectoria do centro a través dunha exposición fotográfica que recompila os grandes momentos que  viviron as distintas xeracións de Láncara neste colexio público integrado.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reafirma o compromiso co talento do I+D+I na súa primeira visita ás instalacións da Axencia Galega de Innovación

Mar, 30/04/2024 - 15:07
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe as instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para coñecer os seus equipos e funcionamento tras a incorporación da mesma ao seu departamento. Durante o percorrido xunto á nova directora, Carmen Cotelo, o titular de Educación reafirmou o seu compromiso co talento do I+D+i galego, co obxectivo de situar Galicia como un referente no eido da investigación e ciencia.

O representante da Xunta de Galicia estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez. Con este último departamento, destacou Román Rodríguez, traballarase para potenciar as sinerxías existentes coa Axencia Galega de Innovación.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne os equipos directivos dos centros que imparten FP para abordar as novidades da nova ordenación destas ensinanzas en Galicia

Mar, 30/04/2024 - 13:40

Summary: 

Ante os retrasos do Goberno central, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, avanzoulles os pasos a nivel autonómico para organizar o vindeiro curso 

Para seguir afianzando o modelo de éxito, Galicia vai duplicar o inglés e reforzar a formación en empresa, mantendo as funcións e horario do profesorado nos centros

Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de reunir aos equipos directivos dos centros públicos que imparten ensinanzas de Formación Profesional para avanzarlles os pasos que está dando a Administración autonómica para organizar o vindeiro curso escolar, ante os continuos retrasos do Goberno do Estado.

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, mantivo unha xuntanza de traballo cun total de 180 responsables docentes para explicarlles a nova ordenación da FP na que está traballando a Consellería, co único obxectivo de “afianzar o modelo de éxito galego” nunhas ensinanzas que actualmente cursan 64.570 persoas, un 85% máis ca no curso 2008/09.

Así pois, a partir do vindeiro curso 2024-25, a Formación Profesional galega contará co dobre de formación en inglés do marcado como mínimo na normativa estatal. Outra das novidades é o reforzo da formación en empresa, que poderá acadar as 700 horas, o que supón ata un 82% máis con respecto as actuais.

A directora xeral destacou que, malia isto, se mantén a formación en centros, polo que se van manter as funcións e horario do profesorado, tendo en conta ademais que na lei estatal tamén se establece a incorporación de novos módulos en substitución doutros.

Todo isto recollerase na futura orde de regulación da FP galega, un texto normativo que, tal como lles explicou Eugenia Pérez aos representantes dos centros educativos, está elaborando xa a Consellería de Educación ante as demoras continuas do Goberno central que impiden que a tramitación vía decreto estea lista para o inicio de curso.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicación da composición dos tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso convocado mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)

Mar, 30/04/2024 - 10:18
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Publicación da composición do tribunal de valoración da proba de coñecemento de lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)

Mar, 30/04/2024 - 10:15
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Alumnado

A Xunta blinda as melloras ás familias para adquirir libros de texto e material escolar, medidas que beneficiarán o vindeiro curso o 70% do alumnado

Lun, 29/04/2024 - 18:04

Summary: 

Rueda salienta que o obxectivo e manter “as melloras habilitadas nos últimos dous cursos” e que implicaron un aumento das achegas que reciben os estudantes

Destaca que a Xunta consolida os vales de material de 75€ e 60€ en función da renda

Subliña que o Fondo solidario acada os 400.000 libros para ceder aos estudantes de ensino obrigatorio grazas a un investimento de 25M€ nos tres últimos cursos

As axudas para a compra de libros conservan o aumento experimentado este curso e volverán situarse entre 160€ e 300€ en función da situación da cada fogar

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello deu o visto e prace a destinar 17 millóns de euros para blindar as medidas de apoio ás familias galegas para o vindeiro curso 2024/25, destinadas a facilitar a adquisición de libros de texto e material escolar. Con esta finalidade, asegurou, o Goberno galego “mantén as melloras habilitadas nos dous últimos cursos” -polo aumento dos prezos- e que, na práctica, se traducen nun incremento na achega que reciben os estudantes. 

O obxectivo, tal e como resaltou Rueda, “é que o 70% dos alumnos contan con algún apoio da Xunta” á hora de acceder aos libros de texto ou o material que se precisa na actividade escolar. 

En concreto, o presidente explicou que a Xunta mantén as dúas categorías do bono de material creadas o ano pasado, de 75€ e 60€ en función da renda familiar, para o cal se reserva un orzamento de máis de 9M€ fronte aos 5,5M€ do curso previo ás melloras. O mesmo sucede cos libros de texto, eido que se canaliza a través de dous mecanismos consolidados e cun funcionamento moi satisfactorio. Por unha banda, o Fondo solidario (desde 3º de Primaria ata 4º de ESO) e, por outra, as axudas de libros (para 1º e 2º de Primaria, Educación Especial ou alumnado con necesidades educativas especiais, cuxos manuais non se poden reutilizar). 

No caso das axudas para libros de texto, o orzamento volve superar os 6M€, mentres que no Fondo solidario se inxecta unha nova achega de 1,2M€ que eleva a 25M€ os recursos destinados a adquirir libros desde a entrada en vigor da nova lei educativa estatal, que obrigou a renovar a totalidade dos exemplares. Grazas a isto, os colexios e institutos van dispoñer “de máis 400.000 libros no fondo solidario para poñer a disposición das familias de balde”, indicou o presidente. Nesta ocasión, non é preciso facer unha substitución ampla de libros, como si foi necesario os dous últimos veráns por mor da implantación dos novos contidos.

Estas tres ferramentas permiten que todas as familias que cumpren cos requisitos teñan cuberto de balde os libros que precisan para os seus fillos, case na súa totalidade, cun apoio maior a quen máis o necesita. No actual curso 2023/24, máis de 96.500 alumnos tiveron os libros de balde e máis de 128.000 accederon aos vales de material escolar. Isto, sumado aos estudantes que acceden gratis ao libro dixital, fai que máis do 70% do alumnado galego conte co apoio do Goberno autonómico neste ámbito, un obxectivo que se pretende volver a acadar coa convocatoria aprobada hoxe no Consello. 

Vale de material de novo reforzado

O vale para a adquisición de material escolar vai dirixido a todas as familias con renda per cápita igual ou inferior aos 10.000€, con dous tramos de renda. No primeiro deles, rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000€, o vale é de 75€. Foi reforzado no curso 2022/23 (antes eran 50€) para facer fronte á suba de prezos. No segundo, de nova creación no actual curso, e que comprende as rendas superiores a 6.000€ e iguais ou inferiores a 10.000€, o vale será de 60€ por alumno. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta, o alumnado de Educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario do vale de 75€, con independencia da renda.

Axudas para libros no reutilizables

O funcionamento das axudas para a compra de libros mantense invariable, cos mesmos tramos de renda, consolidando o incremento xeneralizado nas contías deste curso. Esta liña vai dirixida aos alumnos dos dous primeiros cursos de Primaria, nos que os libros non son reutilizables, aos de Educación especial e a aqueles con necesidades específicas de apoio educativo que lles dificultan empregar os libros do Fondo solidario.

Neste caso, mantense o incremento realizado no actual curso de entre 20€ e 30€ en función da renda familiar, e consérvase igualmente a achega de 300€, con independencia da renda, para o alumnado matriculado en Educación especial.

Así, para o alumnado de 1 e 2º de Primaria, a axuda do primeiro tramo (igual ou inferior a 6.000€) é de 240€, e a do segundo (renda superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€), de 160€. O alumnado matriculado en Educación especial (en centros específicos ou en unidades de Educación especial de centros ordinarios) ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% continuará recibindo 300€, con independencia da renda per cápita. 

No caso do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, que non poida usar os libros do Fondo, hai axudas para todos os cursos de Primaria e ESO. Na etapa de Primaria, as familias do primeiro tramo de renda reciben 240€ por fillo e as do segundo 160€. Na etapa de ESO, os importes sitúanse en 270€ no primeiro e 180€ no segundo.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta, o importe da axuda será o maior que lle corresponda con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Ata seis libros a través do Fondo

O alumnado desde 3º de Primaria a 4º de ESO pode acceder ao Fondo solidario de libros, salvo as situacións xa sinaladas para Educación especial e alumnado con necesidades específicas. A asignación de libros de texto realízase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, tendo preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda.

Os escolares con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estean en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros teñen acceso a catro. Tanto para acceder ao Fondo solidario como para recibir as axudas de libros e material é requisito fundamental devolver os libros do curso anterior.

Ademais, e para os casos en que o centro educativo debe adquirir algún libro para o Fondo solidario por non seren suficientes para cubrir a asignación inicial, o Goberno galego aboa por cada libro complementario 40€ en Primaria e a 45€ en ESO.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa un 31% o financiamento da rede de Investigación de excelencia, que suma cinco novos centros das tres universidades públicas galegas

Lun, 29/04/2024 - 17:45

Summary: 

Esta nova inxección de 23,6M€ permitirá que os 13 mellores centros da Comunidade gocen de estabilidade económica para desenvolver a súa actividade ata 2027

Incorpóranse o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA da UDC) e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS da USC), que se suman aos oito que renovan a súa participación nesta alianza

Créase unha nova categoría de centros aspirantes, tamén financiados, co CITEEC da Universidade da Coruña e o CINTECX e o ECOBAS, ambos da UVigo

Esta acción enmárcase no Plan iTransfer de Promoción da Investigación e da Transferencia do Sistema Universitario de Galicia, dotado con 104M€ no 2024

Idioma Gallego

O Consello aprobou hoxe incrementar un 31% o investimento da Xunta de Galicia na Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia e incorporar cinco novos centros á mesma, dous na máxima categoría e tres na nova categoría de colaboradores, que aspiran a entrar nos vindeiros anos e que tamén recibirán financiamento autonómico.

Os novos centros co máximo recoñecemento son o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa banda, a segunda categoría estréase co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) e o Economics and Business Administration for Society (ECOBAS), ambos da Universidade de Vigo.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vai destinar case 23,6M€ para o financiamento destes 13 centros de investigación, o que lles vai permitir gozar de estabilidade económica para desenvolver a súa actividade ata 2027. Así mesmo, formarán parte desta rede que concentra a calidade da investigación universitaria galega e na que traballan máis de 1.530 investigadores. Constitúe un piar básico do ecosistema científico galego e unha prioridade para o Goberno autonómico, que vén de reforzar as competencias de ciencia na nova estrutura do presidente Alfonso Rueda.

Os restantes oito Centros de Investigación Universitaria de Galicia veñen de renovar tamén a súa acreditación de excelencia. Trátase dos seguintes: pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE); pola Universidade de Vigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións (AtlantTTic), o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).

Ese apoio consolida o modelo galego de investigación universitaria, que sitúa a Galicia entre as cinco mellores autonomías do Estado en apoio á actividade investigadora. De feito, é a única Comunidade cun programa completo de formación investigadora, é dicir, para as etapas predoutoral e posdoutoral, e cun programa de retención de talento.

A Rede de Centros de Investigación Universitaria transforma a potencia individual dos centro máis avanzados do sistema nunha gran forza colectiva mediante a posta en marcha de accións estratéxicas e coordinadas que contribúen a consolidar a súa excelencia, a incrementar o seu impacto social no benestar, na saúde ou na economía, e a situar a Galicia como referente científico no panorama nacional e internacional.

Avaliación externa

Para optar a esta acreditación, os centros debían cumprir diversos requisitos como ter financiamento na convocatoria previa do ano 2019 e superar o procedemento de avaliación final; obter unha axuda no programa estatal de Centros Severo Ochoa ou María de Maeztu, e outros referidos a súa gobernanza, estrutura, financiamento, calidade científica e transferencia de resultados establecidos na convocatoria.

A acreditación da excelencia dos centros realizouse a partir das valoracións feitas por un comité externo en base a tres grandes dimensións: Organización e goberno (estratexia, gobernanza e estrutura organizativa, xestión do talento, financiamento e infraestrutura), Calidade da investigación (proxectos, produción científica, colaboración interna, recoñecementos, transferencia e internacionalización) e Relevancia para a sociedade (investigación e innovación responsable, servizos e comunicación).

De acordo con estes criterios, o financiamento para cada un dos centros é o seguinte:

Universidade

Centro de investigación

Importe
da axuda

Universidade da Coruña

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

2.126.666,67 €

Universidade da Coruña

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

1.906.666,67 €

Universidade de Santiago de Compostela

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

3.006.666,67 €

Universidade de Santiago de Compostela

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

2.918.666,67 €

Universidade de Santiago de Compostela

Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS)

2.786.666,67 €

Universidade de Santiago de Compostela

Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)

2.434.666,67 €

Universidade de Santiago de Compostela

Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

1.598.666,67 €

Universidade de Vigo

Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación(AtlanTTic)

1.818.666,67 €

Universidade de Vigo

Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)

1.774.666,67 €

Universidade de Vigo

Centro de Investigación Mariña(CIM)

1.466.666,67 €

 

No caso dos centros da segunda categoría, denominados Centros de Investigación Colaborativos, na senda da excelencia, o financiamento basal outorgado é o seguinte:

Universidade

Centro de investigación

Importe
da axuda

Universidade da Coruña

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEC)

695.402,29 €

Universidade de Vigo

Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX)

644.827,59 €

Universidade de Vigo

Economics and Business Administration for Society (ECOBAS)

404.597,71 €

Plan iTransfer

Este nova inxección económica enmárcase no Plan iTransfer de Promoción da Investigación e da Transferencia do Sistema Universitario de Galicia, dotado con 104M€ no 2024, un 16% máis, para o desenvolvemento de accións estruturadas en tres eixos que son o reforzo do talento científico, o funcionamento das estruturas de investigación e a mellora de equipamento e persoal de apoio.

O obxectivo deste plan é impulsar a investigación en excelencia feita en Galicia e promover que os avances xerados polo persoal investigador se convertan en solucións efectivas aos retos de futuro. Cómpre lembrar que as universidades públicas representan o maior ecosistema de investigación e transferencia de coñecemento da comunidade autónoma, con preto de 7.700 investigadores.

En concreto esta acción forma parte do segundo eixo de actuación do plan, de estruturas de investigación que inclúe os programas de apoio á consolidación e estruturación dos grupos científicos máis punteiros, a acreditación de excelencia para os centros de investigación e a especialización e acreditación dos campus.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado

Lun, 29/04/2024 - 14:15
Idioma Gallego

Achégase Resolución do 25 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.

 

File: 

Resolución do 25 de abril de 2024 Anexos

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Corrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras

Lun, 29/04/2024 - 11:20
Idioma Gallego

Publicada a corrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.

 

Anuncio principal: 

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Programas e plans Axudasle

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais Convocatoria 2024

Lun, 29/04/2024 - 11:11
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 29 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Mais información.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Back to top