Horto escolar

Hoxe a choiva non nos permitiu ir traballar ao noso horto, pero non vos pensedes que estivemos sentados de brazos cruzados.

Descubrimos hai uns días que os paxaros comían as nosas plantas porque no inverno non teñen moito que comer, polo que pensamos en facerlles uns comedeiros. Para facelos necesitamos tona de mandarina, améndoas esmigalladas, uvas pasas e manteiga.

Xuntamos todos os ingredientes formando unha bola que colocamos na tona da mandarina. Atámoslle un cordel e colgámolo dun arbol.

E xa temos o noso comedeiro para paxaros.

Back to top