Información Proxecto E- Dixgal

O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

  • Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...
  • Comunicación e resolución de averias sobre o equipamento do proxecto
  • Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre contorna virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos na dita entorna.

Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:

  • O equipo do alumnado
  • O equipo do profesorado
  • Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (encerado dixital interactivo, proxecto, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet).
  • Os elementos da contorna virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores.

E que presta o dito servizo a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dunha canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  • De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  • A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  • A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desprazan ao centro educativo no que se produce a incidencia ou mediante técnicos que se desplazan á ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por todo a xeografía galega:

Rede de puntos físicos de atención:

Back to top