Xuntanza coas familias de 4º de Educación Infantil
Posted Septembro 2nd, 2024 by AnónimoO mércores 4 de setembro ás 17:00h tera lugar en usos múltiples unha xuntanza coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil.
Listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto
Posted Xullo 5th, 2024 by AnónimoA listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto e de vales para material escolar xa está publicada.
As listaxes publicaranse no taboleiro de enuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou certificado dixital poderán consultalas telemáticamente co código da solicitude.
O período de reclamación é de 2 día hábiles seguintes ao da publicación ( 8 e 9 de xullo). A listaxe definitiva sairá o 10 de xullo.
Non podemos facilitar información teléfonica pola lei de Protección de Datos ( art. 13).
Xuntanza familias 4º de Educación Infantil
Posted Xuño 27th, 2024 by AnónimoO luns 1 de xullo ás 12:00h terá lugar unha xuntanza para tratar temas de interese coas familias dos alumnos e alumnas que comezarán o vindeiro curso por primeira vez no noso colexio.
Aquelas familias que non poidan vir, poderán pasar polo centro a recoller unhas informacións de cara ao verán.
Revista BIOTOPO
Posted Xuño 20th, 2024 by AnónimoRevista de saúde, medioambiente, ecoloxía, natureza, igualdade, Paz...
- Por que Biotopo?
Biotopo foi un colectivo que fundaron nen@s nos anos 80 en Oleiros.
Desde 1983 a 1993, Biotopo editou boletíns, convocou asembleas, organizou excursións por Galicia e por Europa, loitou contra as mareas negras, contra as nucleares ou en defensa dos lobos...
A pegada desta asociación ecoloxista segue viva e a súa continuidade está asegurada porque esta xeración Biotopo deulle o relevo @s sú@s fill@s.
Dende o CEIP VALLE INCLÁN queremos contribuír a aquela escola de convivencia ambiental e de valores publicando periodicamente unha revista que recolla as nosas inquedanzas, artigos escritos polo alumnado sobre temas que lles interesan ou preocupan, actividades e saídas realizadas ...
Esta revista foi realizada cos traballos do alumnado que agora remata 6º . Grazas a todos e todas!
Documentación para formalizar matrícula
Posted Xuño 20th, 2024 by Anónimo1. Documento de formalización de matrícula
2. Dúas fotografías tamaño carné ( recortadas e co nome por detrás)
3. Fotocopia da tarxeta sanitaria e DNI do/a alumno/a
4. Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas ( se non vai especificado no certificado)
5. Impreso de teléfonos de contacto
6. Cuestionario sobre a lingua materna ( só para o alumnado de 4º de EI)
7. Outra documentación ( certificado de matrícula centro de orixe ( no caso de proceder doutro centro), solicitude e autorizacións transporte escolar, sentenza de separación ou divorcio...