Robótica no Valle-Inclán
Posted Maio 15th, 2015 by MiguelO colexio, a través da comisión TIC, participa nun proxecto de robot educativo aberto (Escornabot) da man da asociación BricoLabs para iniciar os nenos e nenas do 5º nivel no campo da robótica e a programación.
Dito proxecto espertou interese na Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a cal, solicitou permiso á dirección do centro para que a Televisión de Galicia puidese facer unha breve reportaxe sobre o devandito proxecto.
Grazas por este fantástico préstamo do que sairá un novo membro para a familia Escornabot.
Transporte
Posted Outubro 22nd, 2013 by AnónimoINFORMACIÓN IMPORTANTE
A Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG nº 212, 08-11-2022) no seu artigo 4 (Acceso a servizos complementarios) indica que cando o alumnado teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar matrícula, deberá solicitar expresamente cada ano ditos servizos mediante escrito dirixido ao centro.
- Novas rutas transporte
As rutas e paradas para o curso 2024-2025, son as mesmas que funcionaron durante este curso escolar.
- Solicitude Usuario Lexítimo.
- Solicitude Usuario NON Lexítimo.
- Instrución 9/2017 sobre a saída do alumnado ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escola
- Información sobre a asignación excepcional de dúas paradas a un mesmo alumno
Se eres usuario de transporte debes entregar en Secretaría o impreso de autorizacións para recoller ao alumno/a. Pica no seguinte enlace se queres baixar o impreso:
Bo Nadal
Posted Decembro 31st, 2019 by AnónimoDía da Paz 2017!
Posted Xaneiro 28th, 2017 by AnónimoDía da Paz 2017
Preparando a canción:
Para conmemorar o día da Paz, o Alumnado do CEIP Valle-Inclán elaborou unha cantiga para facer que o noso entorno sexa cada día un lugar mellor.
Para levalo a cabo todos aportamos o mellor que temos no noso corazón.
Esperamos que disfrutedes do Bum-Bum!
Creative Commons license: Attribution-Noncommercial-No Derivative Works 3.0 . .
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56