Cruz Roja Española: Campaña de recollida de xoguetes
Posted Decembro 5th, 2018 by Anónimo"Cruz Roja Española" vai levar a cabo a "Campaña de recollida de xoguetes" ata o 14 de decembro. Pódense deixar os xoguetes na entrada do Centro (conserxería). Han de ser xoguetes novos, non sexistas e non bélicos e, a ser posible, cunha orientación educativa e pedagóxica que axude aos nenos e nenas a descubrir o mundo e aprender.
Información sobre as eleccións ao consello escolar
Posted Novembro 7th, 2018 by AnónimoCalendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos. Resolución do 25 de setembro de 2018
2 de novembro: día non lectivo
Posted Outubro 31st, 2018 by AnónimoCon data 5 de outubro de 2018, Xefatura Territorial autoriza como non lectivo o día 2 de novembro de 2018.
Reunións coas familias. Curso 2018-19
Posted Septembro 11th, 2018 by AnónimoCURSO | DATA | HORA | LUGAR |
4º EI | 05/09 | 10.00 | USOS MÚLTIPLES |
5º EI | 24/09 | 16.00 | USOS MÚLTIPLES |
6º EI | 01/10 | 17.00 | USOS MÚLTIPLES |
1º EP | 10/09 | 16.00 | USOS MÚLTIPLES |
2º EP | 17/09 | 17.00 | CADA GRUPO NA SÚA AULA |
3º EP | 17/09 | 16.00 | USOS MÚLTIPLES |
4º EP | 24/09 | 17.00 | USOS MÚLTIPLES |
5º EP | 17/09 | 16.30 | CADA GRUPO NA SÚA AULA |
6º EP | 17/09 | 17.30 | CADA GRUPO NA SÚA AULA |
Información para o alumnado de Ed. Primaria
Posted Septembro 11th, 2018 by AnónimoO equipo docente do curso 2018-19 pódese ver no apartado "Como nos organizamos"
Alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria
O alumnado de 1º e 2º de EP entrará polo patio cuberto do fondo do edificio A (infantil e 1º ciclo de EP).
As listaxes coa distribución do alumnado de 1º estarán colocadas a partir das 8.30 h neste patio. Serán chamados polas súas titoras a continuación da entrada do alumnado de 2º.
O alumnado que ven acompañado pola familia pero volta en transporte escolar deberán traer cuberta a seguinte nota (ou cubrila na entrada). NOTA VOLTA TRANSPORTE
Alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria
O alumnado de 3º a 6º de EP entrará polo patio cuberto do edificio B (primaria).
As listaxes coa distribución do alumnado de 3º e 5º estarán colocadas a partir das 8.30 h neste patio.
A orde prevista de entrada (atendendo as instrucións do profesorado) será: 6º EP, 4º EP, 5º EP e 3º EP.
O alumnado que ven acompañado pola familia pero volta en transporte escolar deberán traer cuberta a seguinte nota (ou cubrila na entrada). NOTA VOLTA TRANSPORTE
Información para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Infantil
Posted Septembro 9th, 2018 by AnónimoOs cambios de aula quedan do seguinte xeito:
Curso 2017/18 | Curso 2018/19 | Titora |
4ºA: Vermella | María Bandín | |
4ºB: Rosa | Pilar Cid | |
4ºA: Vermella | 5ºA: Amarela | María Meirama |
4ºB: Rosa | 5ºB: Azul | Mª Carmen Vázquez |
5ºA: Amarela | 6ºA: Verde | Flora Santás |
5ºB: Azul | 6ºB: Laranxa | Isabel González |
Inicio do Curso 2018-19
Posted Septembro 9th, 2018 by AnónimoBenvidos a un novo curso escolar.
Comezamos o próximo mércores, 12 de setembro en horario completo, excepto o alumnado de 4º de ed. infantil que comezará co período de adaptación.
Lembrade que tamén comezarán a funcionar este mesmo día os servizos de transporte, mañanceiros, comedor e actividades.
FELIZ CURSO 2018-19!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »