Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B). DOG do luns, 20 de maio de 2019

Máis información no seguinte ENLACE

O prazo para presentar solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019, ámbolos dous inclusive.

As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática fondolibros: www.edu.xunta.gal/fondolibros

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. ANEXOS I e II

20 de maio: día non lectivo

Con data 25 de xaneiro de 2019, Xefatura Territorial autorizou como non lectivo o día 20 de maio de 2019.

Cambios no Equipo Directivo

Debido á xubilación de Mª José Souto Souto, a partir do 15 de abril, pasa a ocupar o posto na Xefatura de Estudos: Mª Luisa Barros Fernández.

Polo mesmo motivo hai cambios na atención ao público:

DIRECCIÓN: de luns a venres de 13.10 h a 14.00 h, previa cita

XEFATURA DE ESTUDOS: de luns a venres de 13.10 h a 14.00 h.

19 marzo: festivo na Comunidade Autónoma de Galicia

O próximo martes, 19 de marzo é día non lectivo por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia. (O luns 18, si hai clase)

Admisión de alumnado. Curso 2019-20

A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado. Toda a información respecto a este proceso estará dispoñible, tanto nos taboleiros do Centro como nesta páxina Web, no bloque "Secretaría", no apartado "Matrícula".

Todas aquelas familias que queirades coñecer o noso Centro, poderedes visitalo o próximo martes, 26 de febreiro ás 18.15 h.

Información para as familias do alumnado de 6º Ed. Primaria

Información sobre o proceso de reserva de praza no centro de adscrición (IES Xosé Neira Vilas) e solicitude de admisión noutro centro distinto.

Reserva de praza. Formulario ED550A galego

Reserva de praza. Formulario ED550A castelán

Os formularios de "Solicitude de admisión" estarán dispoñibles a partir do 1 de marzo.

Solicitude de admisión.Formulario ED550B galego

Solicitude de admisión. Formulario ED550B castelán

Cruz Roja Española: Campaña de recollida de xoguetes

"Cruz Roja Española" vai levar a cabo a "Campaña de recollida de xoguetes" ata o 14 de decembro. Pódense deixar os xoguetes na entrada do Centro (conserxería). Han de ser xoguetes novos, non sexistas e non bélicos e, a ser posible, cunha orientación educativa e pedagóxica que axude aos nenos e nenas a descubrir o mundo e aprender.

Información sobre as eleccións ao consello escolar

Calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos. Resolución do 25 de setembro de 2018

Circular informativa sobre eleccións ao consello escolar.

Convocatoria familias.

Distribuir contido

Back to top