A obesidade infantil e o sedentarismo

O martes, os nen@s de terceiro, cuarto e quinto fixemos unha andaina por unha boa causa: a obesidade infantil e o sedentarismo. Como xa sabedes organizouna o Concello. Non tivemos moi boa sorte co o tempo pero aínda así fomos, a causa o merecía!

Pasámolo moi ben, viñeron alumnos do Inef e dos institutos e colexios da zona e todos xuntos fomos cantando cousas como “mais aguacate e menos chocolate”.

En fin un día diferente para o recordo!

Álbum: Web -> ANDAINA “Camiñando por un reto”

As principais relixións na actualidade

Desde as orixes da humanidade existiron expresións coas que as persoas manifestaban as súas crenzas e se relacionaban coa divinidade. Os alumnos de relixión de 6º de primaria fixeron un traballo de investigación sobre as principais rlixións na mundo actual. Buscaron información sobre como se fundou, cales son as súas crenzas e os seus lugares de culto, os seus libros sagrados e as súas festas máis importantes. Este traballo axúdanos a formarnos na tolerancia e o respecto coas persoas de diferentes culturas e relixións. Este foi o resultado.

Álbum: Relixión -> As grandes relixións na actualidade

Valle Experimentos

Os nenos e nenas de 4º A de Primaria fixemos unhas investigacións moi interesantes… Descubrimos moitas cousas!!

        

Que ben o pasamos no Magosto!!!

Hoxe compartimos todos xuntos un momento moi divertido. Degustamos castañas quentiñas grazas ao noso conserxe, David, que se converteu no noso asador oficial. Que ricas que estaban!!!
Tamén disfrutamos da música tradicional propia desta celebración, bailando e cantando ao son da música.
Agradecer aos pais/nais a súa colaboración tanto na confección dos portacastañas como na aportación de castañas para o seu asado.

Álbum: Sen categoría -> Magosto

ANDAINA “CAMIÑANDO POR UN RETO”

O martes 12 de novembro, coincidindo co Día Internacional de prevención da Obesidade,  a Concellería de Deportes do concello de Oleiros invítannos a participar nunha andaina para incrementar a presencia da actividade física nas nosas vidas, así como contrarrestar a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo.
Desde o centro participaremos os alumnos/as e o profesorado de 3ºs, 4ºs e 5ºs de primaria.

O percorrido consiste nunha camiñata urbana de 5 km, que sairá desde a pista de skate de Bastiagueiro, seguindo polo lateral ata a rotonda do Che. Baixamos polo Polvorín ata o porto vello de Santa Cristina onde faremos unha pequena pausa para esperar aos máis rezagados. Volta a Bastiagueiro. Terá unha duración aproximada dunha hora.


Os autobuses recollerán aos nenos/as e ao profesorado diante do centro ás 10h, e a andaina comezará sobre as 10:30h. Colaborarán coa organización alumnos/as de INEF.

No caso de choiva a actividade non se suspenderá. Será o centro o que decida, dado ese caso, se participa ou non. De todolos xeitos é recomendable que os nenos/as veñan preparados con roupa e calzado axeitado para a choiva.

Fonte:Pixabay

Aviso

Bos días, o luns 11 de novembro imos celebrar no cole o Magosto. Este ano imos asar as castañas no cole, polo que precisamos que cada nen@ traia un puñado de castañas picadas. A data para traelas é o venres 8/11/19 e como moi tarde o luns 11/11/19. O alumnado de infantil e 1º e 2º teñen que traer, ademais, un brick de leite para botar as castañas. Na entrada anterior tedes postas unhas instruccións para facelo.

Lembrade mirar a aplicación abalarMóbil, pois hai novas publicadas sobre a celebración do magosto.

Sabemos que a aplicación non avisa cando hai unha nova publicada, polo que sería aconsellable que a abrísedes de xeito regular para comprobar se hai avisos.

Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración.

Portacastañas do Magosto

Estimadas familias:
Para o Magosto do dia 11 de novembro e como xa vos comunicamos por medio do Abalar, este ano imos asar as castañas no cole, por iso precisamos que as familias do alumnado de Educación infantil e Primeiro Ciclo (1º e 2º de EP)  traiades un envase tipo brick  (de leite ou zume), limpiño e confeccionado deste xeito:
1º) Marcamos a metade do envase por 3 caras, quedando unha para dobrar.
2º) Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedo sen marcar.
3º) Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma.
4º) E que cada un o decore como queira, así nun lado botaremos as castañas e no outro as mondas.
5º) Colocamos unha la ou fío para que os nenos e nenas o poidan colgar do pescozo.

Grazas pola vosa colaboración!

Imaxe derivada por CC BY-SA 4.0  da orixinal de
ostrasnosdoeume. Portacastañas
CC BY-SA 4.0

Outro ano máis celebramos O Samaín.

O Samaín xa chegou, pasámolo de medo!

Álbum: Samaín 2019 -> Xa chegou O Samaín
Distribuir contido

Back to top