Alumnado que comeza en 4º EI
Posted Septembro 4th, 2023 by AnónimoAs familias do alumnado que comeza en 4º de EI, terán a xuntanza o mércores 6 ás 17:00h na sala de usos múltiples.
O horario do período de adaptación para este alumnado é o seguinte:
Luns 11, martes 12 e mércores 13, o 1º grupo asistirá ao colexio de 09:15h a 10:45h e o 2º grupo de 12:15h a 13:45h.
O xoves 14 e venres 15, o tempo no colexio será de 10:45h ás 13:45h para todos os nenos e nenas de 4ºEI.
A partires do luns 18 todo o alumnado asistirá de 09:00 ás 14:00h.
Entrega libros de texto do FONDOLIBROS da XUNTA para 3º e 4º EP
Posted Septembro 4th, 2023 by AnónimoOs libros do fondolibros da Xunta para 3º e 4º de EP, repartiranse unha vez iniciado o curso.
O luns 11, o alumnado levará un xustificante da recepción dos libros.
Este xustificante ten que vir de volta asinado por un dos pais/ nais ou representantes legais do/a alumno/a.
Unha vez recibido, as titoras entregaranlles os libros de texto correspondentes.
Fondolibros
Posted Xullo 7th, 2023 by AnónimoEstimadas familias:
Xa están dispoñibles no Centro as listaxes provisionais de admitidos/as. Podedes consultalas a través da aplicación Fondolibros co certificado dixital ou chave 365 e na secretaría do Centro de 09:30 a 13:30h. Hai 2 días para reclamacións. Posteriormente se publicará a listaxe definitiva.
Os vales poderán recollerse a partires do mércores 12 ata o venres 21 de xullo e despois a partires do 1 de setembro.
Feliz verán!
O equipo directivo
Erro libros de texto 2º E 4º EP
Posted Xuño 21st, 2023 by AnónimoA nosa Biblioteca
Posted Xuño 21st, 2023 by AnónimoA piques de pechar as portas da nosa biblio, Charlie a nosa mascota, quere presentarvos as actividades que se fixeron ao longo deste curso. Tamén quere aproveitar para deixarvos a seguinte mensaxe:
“ Onde vaias este verán
leva un libro na túa man”
BOAS VACACIÓNS A TODAS E TODOS!
Fin da primeira tempada TV-Inclán
Posted Xuño 20th, 2023 by AnónimoTodo chega ao seu fin, e con moito pesar, tamén remata a primeira tempada de TV Inclán. Para facelo ao grande, os nosos reporteiros e reporteiras danse a coñecer de xeito natural nunha entrevista e con aqueles momentos que se quedaron entre banbalinas.
E ademais unhas tomas falsas!
Desexámoslles todo o mellor para esta nova etapa no instituto, e con gañas de velos nun futuro.
Reunión informativa para as familias que comezarán 4º EI o vindeiro curso 23/24
Posted Xuño 20th, 2023 by AnónimoO vindeiro mércores 28 de xuño, ás 17:00h, haberá no colexio unha reunión informativa para as familias do alumnado que comezará 4º de Educación Infantil o vindeiro curso 23/24.
A reunión celebrarase no espazo de usos múltiples situado no corredor de EI.
Pregamos que na medida do posible asistades sen nenos/as.
Documentación a achegar co impreso de matrícula
Posted Xuño 19th, 2023 by Anónimo- Documento de formalización de matrícula.
- Dúas Fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas.
- Cuestionario sobre a lingua materna (só para alumnado de 4º de Educación Infantil).
- Solicitude e autorizacións para o transporte escolar.
- Outra documentación: informe médico no caso de ter algunha alerxia ou intolerancia.
Impreso matrícula EI |
Impreso matrícula EP |
Cuestionario EI |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »