Emisión nº40

Queres estar ao día coas últimas novas, eventos e actividades que se desenvolven no cole? Entón non te perdas o noso Telexornal Escolar!

No noso programa semanal, traémosche:

Novas de última hora: Decatámonos de todo o que sucede na nosa comunidade escolar, desde os logros deportivos ata as novas iniciativas que se están levando a cabo.

Investigamos a fondo temas de interese para todos vós e traémosvos información completa e relevante.

VI Carreira da Luz – IES Miraflores

Emisión nº39

Atención! Chega unha nova edición do noso Telexornal Escolar cargadita de noticias. 

Queres saber que está a pasar no colexio? Non te perdas nin un detalle desta nova emisión e así estarás informado  de todo o que che interesa. 

Dálle ao play!

Día Internacional do Libro 2024

Dende a Biblioteca do Centro animamos a todas as familias  a participar na I Exposición fotográfica “Bookface”: a arte de fundirse na portada dun libro. 

Para isto podedes facer unha fotografía na que se integre calquera parte do corpo(cara,mans…) ou indumentaria na imaxe dun libro e enviala ao correo da biblioteca. 

Animádevos a participar: faremos unha exposición con todas elas!

Emisión nº38

Aquí deixámosvos esta nova emisión da nosa televisión escolar que creamos, partindo dos nosos intereses, en grupos de traballo, de maneira cooperativa, con roles definidos, investigando, fomentando o pensamento, buscando información, seleccionándoa e tendo claro que é o que queriamos facer, para logo comunicalo a todos vós.

Cambio paradas Ruta 4

Os usuarios de transporte da ruta 4 que sufriron cambios nas paradas por mor das obras, finalmente van ter a posibilidade das 2  seguintes  paradas: 

- Parada Fresa Silvestre 

- Parada Perillo Taxis ( Hábitat)

O luns 8 de abril o autobús xa realizará as paradas antes mencionadas.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23-24

Cambio paradas Rutas 2 e 4

Debido aos traballos de acondicionamento na calzada a partires do xoves 4 de abril incluído, haberá os seguintes cambios nas seguintes paradas: 

Ruta 2: A parada da Rúa Darwin cambiarase pola parada  Forno de Bea ( Av Che Guevara)

Ruta 4: A parada de Santa Cristina- praia (Gadis) cambiarase pola parada Perillo taxis ( Hábitat)

Distribuir contido

Back to top