Programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes

O CFR de A Coruña organiza dentro do programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes unha charla informativa para as familias sobre un tema moi solicitado e que preocupa sen dúbida ás comunidades educativas: Os riscos da pornografía nas redes.

Trátase dunha charla en formato virtual, que terá lugar o mércores, 10 de maio de 2023 ás 18.00 horas.

Non fai falta inscribirse. Podedes acceder a ela dende esta ligazón:

https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna

Emisión nº21

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal, chea de novas.

Nesta ocasión temos o enorme pracer de felicitar a unha das nosas reporteiras, pois está a celebrar o seu aniversario.

Queremos desexarlle un día cheo de alegría, diversión e moitos agasallos.

Parabéns de parte de todo o equipo de TV-Inclán. Que teñas un gran día cheo de felicidade e momentos inesquecibles!

Emisión nº20

Queridos televidentes do TV-Inclán. Presentámovos a 20° edición do noso Telexornal. Desexamos que vos guste, poidades quedar ben informados e que as novas sexan do voso interese.

O Equipo de Edición.

Finalista certame “Deseña unha xoia para a túa nai”

Unha das nosas alumnas e un dos nosos alumnos quedaron finalistas no Certame “Deseña unha xoia para túa nai” convocado polo colexio oficial de xoiería de Galicia.

Entre os 80 finalistas están os 12 gañadores das xoias, que se coñecerán o día 28 de abril durante o acto de entrega de premios que terá lugar ás 17h30 no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas).

Desexámoslles  moitísima sorte!

                        

                                Artai Cruz Porto 1ª A                            Jara Fernández López Prado (1ºB)                                        

Obradoiros Concello de Oleiros

                          

O equipo TV-Inclán

Comeza o 3° Trimestre, e con el, o noso equipo de reporteiras e reporteiros prepárase para dar o mellor que teñen para seguir informándonos.

Deixámosvos cos nosos protagonistas.

Emisión nº19

Para rematar este segundo trimestre de edicións televisivas, deixámosvos coa 19° emisión. Desfrutade coas novas máis salientables. Vémosnos na TV-Inclán a volta das vacacións!! 

O Equipo de Edición.

Emisión nº18

Queridos televidentes do TV-Inclán. Presentámovos a 18° edición do noso Telexornal. Desexamos que vos guste, poidades quedar ben informados e que as novas sexan do voso interese.

O Equipo de Edición.

Distribuir contido

Back to top