Almorzos con froita no Valle

Hoxe comezamos o 1º período de reparto de froita que abranguerá ata o venres 10 de febreiro.

As froitas que imos a tomar son: mazá, pera, mandarina, plátano e amorodos.

Horto escolar

Hoxe a choiva non nos permitiu ir traballar ao noso horto, pero non vos pensedes que estivemos sentados de brazos cruzados.

Descubrimos hai uns días que os paxaros comían as nosas plantas porque no inverno non teñen moito que comer, polo que pensamos en facerlles uns comedeiros. Para facelos necesitamos tona de mandarina, améndoas esmigalladas, uvas pasas e manteiga.

Xuntamos todos os ingredientes formando unha bola que colocamos na tona da mandarina. Atámoslle un cordel e colgámolo dun arbol.

E xa temos o noso comedeiro para paxaros.

Emisión nº12

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal. Nesta ocasión damos as grazas a escola de Danza de Oleiros por participar na actividade Agora Danza.

Carreira pola paz

O luns 30 de xaneiro, co motivo do Día da Paz, faremos unha carreira solidaria para recoller alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

Precisamos da vosa colaboración e voluntariedade e que aportedes un bote/paquete dun alimento non perecedero ( legumes, arroz, pastas, conservas...) que poderán traer os nenos e nenas dende este mércores 25 ata o propio luns 30, día en que faremos a donación.

Emisión nº 11

Charlas dirixidas ao alumnado de 5º

Felicitación Nadal 22 Banda do Valle

Tras un parón obrigado...,

"A Banda do Valle" retoma a súa andaina cunha panxoliña,

para desexarvos un Bo Nadal!

Emisión nº 10

Edición especial Nadal 

Distribuir contido

Back to top