ENTRADAS E SAÍDAS: NOVO CURSO

Estimadas familias:

Xa se achega o comezo doutro curso escolar e para que o primeiro día todo saia xenial imos comentarvos como serán as entradas e saídas a partir do xoves 8 de setembro.

Como novidade este curso as entradas e saídas faranse con música e non co timbre anterior.

  •   ENTRADAS:

Ás 9:00 soará a música para a entrada.

O alumnado de Educación infantil entrará polo portalón verde e irá acompañado polas súas familias ata as portas de emerxencia das súas respectivas aulas.

Os nenos e nenas de 1º e 2º entrarán tamén polo portalón verde acompañados/as das súas familias e irán ata o patio cuberto de infantil onde estarán agardando as titoras de 1º para facer as filas dos grupos. O alumnado de 2º xa subirá directamente ás aulas e non farán filas no patio cuberto de infantil.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, entrará polo portalón azul sós, as familias non entrarán ao patio cuberto neste momento. Haberá mestres e mestras indicando aos nenos e nenas a onde teñen que ir.

O alumnado de 4º e 6º, irá xa directamente ás súas aulas que estarán debidamente sinalizadas.

O alumnado de 3º e 5º EP, agardará no patio cuberto onde os titores e titoras irán chamando para formar as filas cos grupos e logo xa entrarán ás respectivas aulas.

A partires do venres xa entrarán directamente ás súas respectivas aulas.

 

  •   SAÍDAS:

 

As familias de EI, poderán entrar polo portalón verde para recoller aos nenos e nenas nas portas de emerxencia de cada aula ás 13:50h.

As familias de 1º e 2º, entrarán unha vez que sone a música de saída (14:00h) polo portalón verde ata o patio cuberto de infantil onde as titoras entregarán aos nenos e nenas directamente.

As familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP poderán entrar no patio cuberto de primaria polo portalón azul cando sone a música (14:00h) para recoller aos nenos e nenas.

Pregamos que non vos coloquedes diante da porta pola que saen, pois o alumnado de transporte ten que atravesar o patio cuberto para saír polo mesmo portalón e que non empreguedes os bancos de madeira, pois son para o alumnado de comedor.

 

Moitísimas grazas coma sempre pola vosa colaboración!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA

Mañá martes 6, desde as 16h ata as 18h, poderanse recoller os libros do fondo da Xunta de 4º e 6º de primaria pola porta lateral dunha das aulas do edificio de secretaría (estará debidamente sinalizado). Os libros de 3º EP aínda non están dispoñibles por mor do cambio de lei. En canto estean todos listos para entregar, avisarémosvos.

Xuntanza familias 4º de Educación Infantil

O vindeiro luns 5 de setembro haberá unha xuntaza informativa ás 17:00 horas, só para as familias que comezan en 4º de EI.

Entrega libros do Fondo da Xunta

Estimadas familias: 

Antes de calquera comunicación darvos a benvida ao novo curso escolar. O claustro de mestres e mestras está preparando todo para recibir ao alumnado o xoves 8 de setembro.

A continuación informamos que por mor do cambio da lei educativa hai retraso na entrega de libros de texto, pero non vos preocupedes, en canto os teñamos dispoñibles volo comunicaremos a través da páxina web e tamén abalar móbil.

Calendario escolar para o curso 2022/2023

   

Erro correxido nos libros de 2ºEP para o curso 22/23

Hai dous erros na listaxe publicada cos libros de 2º EP para o vindeiro curso 22-23.

A listaxe correcta quedaría do seguinte xeito, o correxido é o que está marcado en amarelo:

Desculpade as molestias. Un saúdo e bo verán!

O equipo directivo.

   

Cheques material e libros para 1º e 2º EP

Estimadas familias:

O martes 5 de xullo xa podedes recoller as familias beneficiarias os vales de material para todos os cursos e de libros para o alumnado que cursa 1º e 2º de EP.

   

Axudas libros e material escolar

Estimadas familias, mañá xa teredes dispoñibles os listados provisionais do fondo de libros da Xunta e de material escolar.

   

Distribuir contido

Back to top