Calendario electoral Consello Escolar.

Eleccións ao Consello Escolar

Emisión nº4

Hoxe, especial Samaín. Unhas xornadas terroríficamente divertidas!

Tamén contamos coa entrevista á coordinadora da biblioteca do noso colexio, Marta Suárez.

A BIBLIOTECA DA MEDOOOO!

A biblioteca xa está preparada para comezar cosCONTACONTOS DE MEDO. Bruxas, pantasmas, cabazas serán os protagonistas dos libros que se lerán ao longo destas semanas neste espazo ambientado para a ocasión.

Grazas aos biblioaxudantes de 5º e 6º polas ideas e a axuda coa decoración.

Feliz Samaín e que a lectura non teña FIN!

Emisión nº3

Hoxe entrevistamos a Santi Rey    @SantiRey_TICs

Recollida vales de ampliación axuda adquisición material escolar

Según o establecido na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, xa poden recoller os vales de ampliación  todas as familias que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€. A ampliación consiste nun vale adicional de 25€.

 

Emisión nº2

Aquí deixámosvos esta segunda emisión da nosa televisión escolar que creamos, partindo dos nosos intereses, en grupos de traballo, de maneira cooperativa, con roles definidos, investigando, fomentando o pensamento, buscando información, seleccionándoa e tendo claro que é o que queriamos facer, para logo comunicalo a todos vós.

Comezamos a nosa andaina

A mellor maneira de que entendan o mundo no que viven, é que participen da información e, desta, a máis próxima é a que máis pode interesarlles.

E que hai máis próximo que o seu centro educativo?

O que propoñemos é unha actividade que lles axude a crear a súa propia televisión escolar no centro con noticias sobre o seu centro, a súa contorna e a súa cidade. Que aprendan a interpretar e informar sobre a realidade que lles rodea e vaian interesándose polo mundo no que viven a través dos informativos.

Distribuir contido

Back to top