Comezamos a nosa andaina

A mellor maneira de que entendan o mundo no que viven, é que participen da información e, desta, a máis próxima é a que máis pode interesarlles.

E que hai máis próximo que o seu centro educativo?

O que propoñemos é unha actividade que lles axude a crear a súa propia televisión escolar no centro con noticias sobre o seu centro, a súa contorna e a súa cidade. Que aprendan a interpretar e informar sobre a realidade que lles rodea e vaian interesándose polo mundo no que viven a través dos informativos.