Skip to Content

Licenzas Creative Commons

Imaxina que as licenzas Creative Commons son como regras especiais para compartir os teus xoguetes favoritos. Se ti tes un xoguete xenial, como un carriño de control remoto, e queres que os teus amigos o usen, pero tamén queres decidir como o usan, podes poñerlle regras.

Con Creative Commons, é coma se lle puxeses regras ao teu xoguete. Podes dicir, "Podes usar o meu carriño, pero non podes pintalo de cores feas" ou "Podes xogar con el, pero non podes vendelo a outras persoas". Así, ti decides que está permitido e que non.

Entón, cando alguén ve o teu carriño coas regras de Creative Commons, sabe exactamente como pode usalo e que non pode facer. É unha maneira de compartir cousas de maneira xusta e divertida. Como compartir xoguetes con amigos pero con regras claras!

Pois en internet pasa o mesmo. También todo ten o seu dono e si queremos utilizar os seus traballos ou as suas obras, temos que ver que regras lle ten postas aos mismos.

Para facilitar ese traballo, naceron as Licenzas Creative Commons que permiten aos autores a posibilidade de conceder ao público en xeral permiso  para utilizar o seu traballo(como facíamos nos cas regras do noso carriño) mantendo, sempre, os seus dereitos como autor.

As licenzas Creative Commons (CC) utilizan un sistema moi sinxelo para compartir os materiais establecendo 4 condicións, de forma que calquera pode libremente facer uso dos recursos licenciados baixo este sistema cumprindo as condicións elixidas polo autor. Este modelo conta con 4 condicións, cada unha delas sinalizada cunha icona e un texto: 

  • BY-recoñecemento: obriga a citar ao autor do material utilizado para o seu recoñecemento
  • SA-compartir igual: obriga a distribuír obras derivadas do material coa mesma licencia que o orixinal. 
  • NC-non comercial: prohibe usar o material con fins comerciais ou uso lucrativo. 
  • ND-sen obras derivadas: prohibe modificar o material orixinal. 

Os materiais licenciados baixo Creative Commons presentan a combinación dunha ou varias destas condicións, dando lugar a seis licencias diferentes.

  1. Con licenza BY. Utiliza, distribúe, combina e modifiqua os mesmos con liberdade, a condición de que mencións ao autor. 
  2. Os materiais con licenza BY-SA. Utiliza, distribúe, combina e modifica estes materiais, a condición de que recoñezas a autoría e apliques ás obras derivadas a mesma licenza BY-SA.
  3. Os materiais con licenza BY-ND. Utilízaos e distribúeos sen realizar ningunha modificación sobre os mesmos. E non esquezas mencionar ao autor.
  4. Os materiais con licenza BY-NC. Utiliza, distribúe, combina e modifica os mesmos a condición de que recoñezas a autoría dos materiais e non o utilices para uso lucrativo.
  5. Os materiais licenciados con BY-NC-SA. Utiliza, modifica e distribúe os mesmos unicamente para fins non comerciais. Reconozce ao autor e comparte a súa obra derivada coa mesma licenza BY-NC-SA. 
  6. Os materiais con licenza BY-NC-ND, utilízaos e distribúeos mencionando o autor, pero non poderás alteralos no máis mínimo nin utilizalos con fins comerciais.

O máis recomendable é que utilices sempre a licenza BY-SA para promover que os recursos se compartan con maior facilidade. 



page | by Dr. Radut