Normas para rodar un bo Chroma Key

Normas para rodar un bo Chroma Key

  • É imprescindible que haxa unha distancia considerable entre o alumnado que queremos gravar e o fondo chroma (se eliximos chroma verde), polo menos 2 metros para que non lle afecte a luz e non o contamine coa cor do chroma.
  • Evitar materiais que reflictan, mesmo evitar no posible a cor branca.
  • A tea do chroma debe estar sen engurras e ben estirada.
  • Usar a sensibilidade máis baixa da cámara,mínimo ISO 25, para que haxa menos ruído(o ruído dixital está formado por píxeles descontrolados que non teñen a cor ou a luminosidade que deberían debido a que non se realizou unha exposición correcta).
  • Se podes, usa un fotómetro.

A sensibilidade ISO é a cantidade de luz que entra no noso obxectivo á hora de facer a fotografía, é dicir, a cantidade de puntos/suciedade/ruído que aparecen na imaxe final. Canta máis luz teñamos na escena para fotografar teremos que empregar un ISO menor.

  • Sempre hai que iluminar primeiro o chroma e logo ao alumnado, para que non inflúa ningunha sombra e o fondo quede iluminado de maneira homoxénea.
  • Debemos iluminar o chroma con luz difusa e uniforme para que non produzan sombras definidas.
  • As fontes de luz que iluminan o chroma deben estar a 45 graos e a media altura.
  • A poder ser poñer bandeiras negras para que esa luz non lle afecte ao alumnado xa que o imos a iluminar por separado.
  • Non debemos usar roupa ou roupa que ten botóns ou detalles que son dunha cor similar verde, como o verde de fondo seleccionado (aplicable tamén ao chroma azul)
  • Se imos gravar en exteriores, debemos colocar o foco na mesma dirección da luz solar. Neste caso debemos usar un chroma verde xa que os restos de verde que queden van disimular mellor co fondo.
  • Se a imaxe que imos tomar é nocturna ou escura usaremos mellor o chroma azul.
  • Non usar roupa ou materiais que levan a cor verde ou azul e na medida dos posible evitaremos tamén o amarelo e o branco.
  • O ideal é usar cores que contrasten co fondo.
  • En boa medida tamén é aconsellable non usar cores moi escuras.