Admisión alumnado

Publicados os listados provisionais de admitidos e non admitidos no taboleiro que está ao carón de secretaría e a través da aplicación admisión alumnado.

Para reclamacións, o período é do 20 ao 26 de abril ambos incluídos.

Santi Rey no noso cole

Este venres tivemos a sorte de contar coa presenza de Santi Rey no noso cole.

Dá gusto traballar con xente que sabe compaxinar o éxito do seu traballo como relator en ciberseguridade, cunha actitude tan próxima ao noso alumnado.

Esperamos que gozases de "nosos peques" como eles da túa presenza.  

Moitas grazas pola visita, ata outra ocasión.

Charla a cargo de Santi Rey: "Perigos na rede"

Álbum: Charlas divulgativas -> Charla Santi Rey

Charla

Ferramentas dixitais

Estes días recibimos no noso centro a un novo alumno que non fala o noso idioma. Pensando neles, seleccionamos esta listaxe de ferramentas que podes utilizar nas túas clases para facerllo máis doado, mentres van aprendendo o noso idioma.

Podes utilizar a extensión de Google chamada READ and WRITE para traballar diferentes documentos, páxinas webs, etc. Esta extensión de Google Chrome crea unha barra de ferramentas na que temos dicionario, pictiogramas,tradutor, etc.

No seguinte enderezo URL tes moitas ligazóns clasificadas por temas sobre diferentes aspectos de interese para a acollida. Materiais, actividades... para o alumnado de orixe estranxeira que poidamos ter nos coles. 

CADERNOS DE COMUNICACIÓN CON  PICTOGRAMAS DE  ARASAAC PARA Os REFUXIADOS DE UCRAÍNA – TRADUCIÓNS EN DIFERENTES IDIOMAS

 

Cartas vocabulario español-ruso

 Diccionario Visual Español-Ruso 

Podes utilizar documentos de Google para traballar diferentes exercicios. Elixe no menú FERRAMENTAS a opción de Traducir documento. Poderás traducir tanto as túas instrucións como as respostas do alumnado.

Matific é unha plataforma educativa para o ensino e a aprendizaxe da matemática, dedicada a estudantes e docentes desde Nivel Inicial 5 ata 6ºde Primaria Está dispoñible en ucraíno. E por suposto,segundo coméntannos, totalmente gratuíto para calquera neno/a refuxiado/a de tal horror.

En twinkl atopamos unha serie de ferramentas didácticas para o manexo da linguaxe ucraína e español

De interese:

  • Google Lens é unha aplicación móbil de Google, dispoñible tanto para Android como para  iOS.Instalas a aplicación, enfocas o texto que queres traducir, a aplicación analízao para recoñecer a lingua en que está escrito, fai a tradución en tempo real e, permite escoitar o resultado na lingua de destino: ucraíno, ruso, chinés, francés...
  • Dicionario ilustrado bilingüe para nenos Español-Ucraíno.
  • Microsoft  Translator é unha aplicación de tradución persoal e gratuíta para máis de 60 idiomas que permite traducir texto, voz, conversacións, fotos da cámara e capturas de pantalla. Tamén permite descargar idiomas para usalos ao viaxar e traducir contido sen conexión de forma gratuíta. Dispoñible tanto para android coma para IOS   

O teclado virtual permite escribir directamente cos caracteres do teu idioma de forma sinxela, independentemente do computador que utilices.

Para utilizar un teclado virtual, debes habilitar as Ferramentas de introdución de texto. 

Gboard é unha aplicación de teclado virtual desenvolvida por Google para dispositivos Android e iOS

Como facelo?

A forma divertida, efectiva e gratis de aprender un idioma!

 ARQUIVO PDF

Celebrando o Entroido

Este ano por fin, celebramos o Entroido por todo o alto!

Charla, perigos na rede.

Admisión alumnado

As vacantes poden variar ao longo do proceso en base ás novas incorporacións que se produzan no noso centro durante ese tempo.

  • Tedes o resto de información no apartado de matrícula.
             
44+6      0           0    0         21           1
      
   0         3
           0

Distribuir contido

Back to top