Festa de fin de curso 2021-22. Venres 17 de xuño no colexio Valle Inclán

O venres 17 de xuño, a partires das 16:00h, a ANPA Valle Inclán en colaboración co CEIP Ramón Mª del Valle Inclán organiza unha festa de Fin de Curso no cole.

Toda a comunidade educativa do colexio está convidada a participar nesta festa para dar a benvida ó verán.

  • Apertura dos postos para comprar MERENDIÑAS para recadar fondos para a excursión de fin de curso de 6º de educación primaria.
  • Exhibicións do alumnado de actividades extraescolares do cole.

  • Actuación musical dos “VERDIÑOS” e os “LARANXIÑAS”, alumnado de 6º de educación infantil.

  • “CANTAXOGA”, espectáculo de teatro e música en directo, a cargo da compañía MIGALLAS TEATRO

 A festiña seguirá ata as 

Letras Galegas 2022 e Día do Libro


Obradoiro cancelado

Ponencia ciclo CREANDO PONTES en colaboración co CFR de A Coruña e co Concello de Oleiros

 

Bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo

Hoxe, día 19 de maio de 2022, empeza o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo e remata o 30 de setembro de 2022.

Arquivos adxuntos

  


Orden do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde estea admitido para o vindeiro curso 2022-2023.

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 13:30h, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00h previa cita chamando ao colexio (881960324). A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluíndo todos os fillos e fillas matriculados no Centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia): Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial ou convenio regulador.

DATAS IMPORTANTES:

  • Publicación listaxes provisionais: 28 de xuño.
  • Reclamación ás listaxes provisionais : 29 e 30 de xuño.
  • Publicación listaxes definitivas: 5 de xullo.

Enlace para acceder a aplicación

Se queredes consultar o texto completo da normativa, podedes facelo nos enlaces que están a continuación:

   

Listaxes de admitidos/as para o curso 2022/2023

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o vindeiro curso 2022/2023, no taboleiro ao carón da secretaría do colexio. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación. Tamén podedes consultalas coa chave 365.

Ao non haber reclamacións, non houbo modificacións respecto á listaxe provisional.

Non podemos dar información vía teléfonica sobre as listaxes de admitidos/as. Estos datos son de carácter persoal suxeitos á proteccción de datos.

A formalización da matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño e dáranse as indicacións oportunas máis adiante.

Nova normativa para a avaliación na educación primaria.

Xa está publicada a Orde do 25 de xaneiro de 2022 ( DOG do 11 de febreiro de 2022) , pola que se actualiza a normativa de avaliación na Educación Primaria, entre outras, e que xa é efectiva e válida para o presente curso en Galicia.

Se queredes botarlle unha ollada ao texto completo, abaixo tedes o arquivo.

Venres musicais no Valle Inclán

Durante todos os venres de maio, o equipo de Dinamización da Lingua, encargarase de que teñamos recreos coa mellor música en galego... as galisesións!

Agardamos que os nenos e nenas gocen destes recreos, cantando e bailando.

Distribuir contido

Back to top