Como cambiar o enderezo mail da Aula Virtual

Concesión de máscaras para o alumnado

Orde do 28 de outubro do 2021 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG 12 novembro 2021)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoleiros/system/files/AnuncioG0598-081121-0001_gl.pdf
ALUMNADO DESTINATARIO TRÁMITES
Alumnado que fose beneficiario da axuda de material escolar Non ten que realizar ningún trámite, a concesión será automática.

Alumnado que, por diversas circunstancias, non fose beneficiario da axuda de material, pero que cumpre algún dos seguintes requisitos:

  • Renda familiar igual ou inferior a 6.000 €
  • Tutelado pola Xunta de Galicia
  • Discapacidade maior ou igual ao 65%

DOCUMENTACIÓN:

  • Anexo I e Anexo II, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)
  • Copia do libro de familia
  • No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial e/ou convenio regulador

LUGAR DE PRESENTACIÓN: CEIP Ramón Mª del  Valle Inclán (09:30 a 13:30h)

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 26 de novembro

Aclarando dúbidas sobre a Aula Virtual

Esquecín o meu nome de usuario. Que podo facer

Moi fácil!     

     O nome de usuario de cada alumno/a componse do “nome.apelidos” cambiando as vogais con til ou diéreses pola vogal sen ela e as eñes por n.

     Os nomes de pila compostos levan puntos de separación, e non hai separación entre os dous apelidos.

  • Exemplos:

               para “Juan Antonio Pérez Nuñez” o nome de usuario será juan.antonio.pereznunez

               para “Alberto Argüelles de la Fuente” será alberto.arguellesdelafuente

Todos os nomes que aparecen nesta entrada son ficticios.

Charlas e talleres en liña de INCIBE

Desde o Programa  Cibercooperantes de  INCIBE lanzan unha nova iniciativa, a través da cal poderedes asistir a charlas e talleres en liña de forma individual ou grupal mediante rexistro.

Xa están habilitados os rexistros das catro primeiras sesións. Unha vez rexistrados, recibiredes unha ligazón para poder conectarvos á sesión a través da súa plataforma de videoconferencia. Así de fácil!

Charla de concienciación:  Ciberseguridad para familias (90 minutos)

Charla de concienciación: Primeiros pasos con  ciberseguridad (90 minutos)

Taller formativo: Identificando riscos en tendas en liña, correos, SMS e chamadas fraudulentas (90 minutos)

Charla de concienciación: Aprendemos sobre  ciberseguridad! (90 minutos)

Calendario Eleccións Consello Escolar novembro 2021

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

  • Día 2 de novembro:

          Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.

          Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

  • Día 3 de novembro:

          Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e persoal de administración e servizos.

  • Do 4 de novembro ao 11 de novembro

          Prazo de presentación de candidaturas.

  • Día 15 de novembro (celebración da 2º reunión da Xunta Electoral)

          Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

          Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

          Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.

          Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

  • Día 17  de novembro:

          Envío de citacións para a constitución da mesa electoral dos pais e nais.

  • Día 22 de novembro: Celebración das votacións de:

          Profesorado, en claustro extraordinario.

          Pais, nais e titores legais do alumnado. 

     (HORARIO 09:00 A 09:30H, DE 13:15 A 14:00H E DE 16:00 A 17:00H)

  • Día 23 de novembro (celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral):

          Proclamación de candidatos electos.

          Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade as copias das actas das

                votacións efectuadas.

  • Día 24 de novembro

          Convocatoria para a constitución do Consello Escolar.

Exposición cabazas.

As familias seguen a tradición dos nosos devanceiros.

Álbum: Sen categoría -> Samaín 2021

Feliz Samaín

Queres saber que é o Samaín e por que se celebra en Galicia?

Bota unha ollada...


Samaín para que pases medo

Estiveches atento ás explicacións?

Serás quen de contestra correctamente ás preguntas?


Distribuir contido

Back to top