ENTRADAS E SAÍDAS: NOVO CURSO

Estimadas familias:

Xa se achega o comezo doutro curso escolar e para que o primeiro día todo saia xenial imos comentarvos como serán as entradas e saídas a partir do xoves 8 de setembro.

Como novidade este curso as entradas e saídas faranse con música e non co timbre anterior.

  •   ENTRADAS:

Ás 9:00 soará a música para a entrada.

O alumnado de Educación infantil entrará polo portalón verde e irá acompañado polas súas familias ata as portas de emerxencia das súas respectivas aulas.

Os nenos e nenas de 1º e 2º entrarán tamén polo portalón verde acompañados/as das súas familias e irán ata o patio cuberto de infantil onde estarán agardando as titoras de 1º para facer as filas dos grupos. O alumnado de 2º xa subirá directamente ás aulas e non farán filas no patio cuberto de infantil.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, entrará polo portalón azul sós, as familias non entrarán ao patio cuberto neste momento. Haberá mestres e mestras indicando aos nenos e nenas a onde teñen que ir.

O alumnado de 4º e 6º, irá xa directamente ás súas aulas que estarán debidamente sinalizadas.

O alumnado de 3º e 5º EP, agardará no patio cuberto onde os titores e titoras irán chamando para formar as filas cos grupos e logo xa entrarán ás respectivas aulas.

A partires do venres xa entrarán directamente ás súas respectivas aulas.

 

  •   SAÍDAS:

 

As familias de EI, poderán entrar polo portalón verde para recoller aos nenos e nenas nas portas de emerxencia de cada aula ás 13:50h.

As familias de 1º e 2º, entrarán unha vez que sone a música de saída (14:00h) polo portalón verde ata o patio cuberto de infantil onde as titoras entregarán aos nenos e nenas directamente.

As familias de 3º, 4º, 5º e 6º EP poderán entrar no patio cuberto de primaria polo portalón azul cando sone a música (14:00h) para recoller aos nenos e nenas.

Pregamos que non vos coloquedes diante da porta pola que saen, pois o alumnado de transporte ten que atravesar o patio cuberto para saír polo mesmo portalón e que non empreguedes os bancos de madeira, pois son para o alumnado de comedor.

 

Moitísimas grazas coma sempre pola vosa colaboración!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Back to top