Xornada de portas abertas

Estimadas familias, 

O vindeiro venres 1 de marzo ás 17:00h e, coincidindo co período de solicitude de prazas nos centros educativos para o curso 2024-2025, convidamos ás familias interesadas a visitar o noso Centro e aproveitaremos para aclarar calquera cuestión relacionada co funcionamento e organización do mesmo.

Un saúdo

O Equipo Directivo 

                                                 

Día da Paz

Co motivo do día da Paz, imos celebrar de novo a carreira solidaria e a recollida de alimentos a favor da " Fundación Padre Rubinos" de A Coruña.

Para isto, todas as familias que queirades colaborar de xeito voluntario, podedes traer alimentos non perecedeiros coma legumes, café, cereais, pasta ... tamén produtos de aseo coma dentífricos, xel, xabón...

A recollida farase dende mañán mércores 24 ata o martes 30, día no que virá ao colexio, un representante da Fundación e farémoslle entrega do recadado.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!   

Emisión nº31

Benvidos e benvidas a este novo Telexornal Escolar! Estamos emocionados de presentar as noticias máis recentes e destacadas directamente desde a nosa escola. Informaremos sobre logros inspiradores e eventos emocionantes que están a ocorrer na nosa contorna educativa cunha información relevante e vibrante, presentada polo noso talentoso equipo de xornalistas e reporteiras escolares.

Comecemos cunha viaxe informativa que reflicte o espírito dinámico e vibrante da nosa comunidade escolar!

Reserva de Praza IES Neira Vilas

Descargue o documento para o procedemento ED550A AQUÍ

Emisión nº30

Ano novo e nova tele" Comezamos un novo trimestre nesta andaina televisiva... e con elo véñense novidades!! Estades preparados para disfrutalas? Invitámosvos a que participedes delas!!

Nesta ocasión retomamos de novo a sección "Xoga connosco"

Adiviña a  quen pertence a SILUETA MISTERIOSA desta semana? 

Primeiro mira o vídeo e se descobres o dono ou dona da silueta, fai clic en "Déixanos a túa resposta"

Non o podes perder!!! Moita sorte!!!

 

Emisión Especial Nadal

Queridos televidentes, poñemos o punto e aparte a esta 2ª Tempada cunha Edición Especial de Nadal. Dende a TV-Inclán e os seus reporteiros esperamos que vos guste!

Vémonos a volta das vacacións e desexámosvos un Bo Nadal e un próspero Aninovo.

Recomendacións lectoras e máis...para o Nadal.

Dende o Equipo de Biblioteca propoñen estas recomendacións  para que as nenas e os nenos  as engadan nas súas cartas este Nadal.

Felices lecturas e boas festas! 

Emisión nº29

Ás portas do final do trimestre, os reporteiros do TV-Inclán preséntannos as novas da comunidade educativa máis relevantes e significativas destas datas. 

Esperamos que sexan do voso interés e con elo aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal.

Distribuir contido

Back to top