Emisión Especial

   

Esta semana queremos sumarnos a iniciativa que algunhas nais e pais propoñen sobre a temática dos smarthphones.

Sendo este un tema de actualidade, dende a TV- Inclán, presentamos unha edición moi especial cuns reporteiros de altura; co que esperamos concienciar a nosa Comunidade Educativa.

Que o disfrutedes!

"Campa Nadal Decembro 2023" Concello de Oleiros

Xa tedes á vosa disposición o programa sobre os "Campa Nadal Decembro 2023" organizados polo Concello de Oleiros.

Emisión nº28

Esta semana chea de novidades e celebracións especiais, os nosos reporteiros e reporteiras atenden as novas máis salientables da contorna.

Desfrutade desta nova edición.

Emisión nº27

Queridos e queridas televidentes, continuamos unha vez máis coas nosas experimentais emisións!

E dicimos ben, xa que ademáis das novas máis representativas da nosa contorna, cubrimos nesta ocasión a "Semana da Ciencia".

Esperamos que o disfrutedes.

Emisión nº26

Chega Novembro e con el a súa gran festa do Magosto. Dende a TV-Inclán non quixemos perder a oportunidade de cubrir esta e outras novas.

Esperamos que disfrutedes esta edición cuberta por estes novas e novos reporteiros.

Estamos de volta!

Prezados espectadores!! A TV- Inclán volta ás ondas unha nova tempada máis.

Chegan novos colaboradores coa esperiencia acumulada e a simpatía dos que iniciaron esta andaina.

Ademáis desta volta, inauguramos plató e moi boa onda.

Esperamos que sexan do voso agrado!!

As novas de CHARLIE

“Un cole de conto” é o proxecto da biblioteca para este curso que comeza  cargadiño de novidades.

Dalle ao Play para enterarte de todas as novas que nos contan Charlie e os seus amigos.

Infancia sen Smartphone

Distribuir contido

Back to top