Saltar navegación.
Inicio

Blogues

PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"

 

Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.

 

 

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?

O  pasado mércores  1 de marzo  tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.

Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PAARA O CURSO 2023/2024

Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024.

 

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.

 

 

Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.

 

 

 

SEMANA DA PRENSA

 

 

                

 

 

 

ENTROIDO 2023

Así celebramos este 2023 e nosa semana de Entroido. O peche da semana foi cun estupendo desfile inspirado en contos e películas infantís.

Que ben o pasamos!!

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS. RESERVA CURSO 2023/2024.

Todas as solicitudes presentadas polo alumnado de 6º de Ed. Primaria foron admitidas.

Poden consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios situado no interior do centro

educativo.

CLUB DE LECTURA

Esta semana o club de lectura" Biblioleo" recoméndanos "Operación salvar salchicha" para pasar uns momentos moi divertidos:

 

LECTURAS DA SEMANA

Esta semana as nosas madriñas lectoras prepararon un contiño:  "Paco". Un ratiño que só precisaba un abrazo para ser feliz:

 
Distribuir contido