blogue deMJVILLAVERDE
VISITA AOS INVERNADOIROS DE PASARELA
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 16/05/2023 - 12:51O alumnado de 1º visitou os invernadoiros da mamá dun alumno deste curso, onde aprenderon sobre a semente, o rego e os coidados das hortalizas, así como sobre algunhas enfermidades das plantas e algunhas formas sostibles para combatilas.
XORNADAS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 16/05/2023 - 12:30Durante dúas xornadas os pais de dous alumnos de 1º que traballan no sector medioambiental acompañaron ao alumnado de 1º e 2º para explicarlles como é o seu traballo de loita contra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nosos bosques, coma os incendios forestais, a deforestación ou a perda de biodiversidade. Grazas a eles e ao equipo que trouxeron consigo aprenderon de primeira man como se organiza este equipo humano e a importancia de que todos colaboremos na conservación das nosas árbores. Xunto a eles, as nenas e nenos de 1º plantaron no patio un freixo, un pradairo, unha sobreira e unha cerdeira e colgaron casiñas para os paxaros, facendo aínda máis inesquecible esta enriquecedora experiencia!
MAXIA NO SAN VICENZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 16/05/2023 - 11:57O alumnado de primeiro ciclo gozou do expectáculo de maxia: The Best Magic Trick in the World. Como lles gustou a todos!!
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 10/05/2023 - 13:41Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
- Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
- Aceso ao BOE coa información correspondente:https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/26/pdfs/BOE-B-2023-12318.pdf
- Aceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html
NOVO EQUIPAMENTO NAS AULAS DO SAN VICENZO
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 04/05/2023 - 12:57Esta semana viñeron instalarnos nas aulas de Educación Infantil e de 1º ata 4º de primaria PANEIS INTERACTIVOS. Estamos encantados con este novo recurso que nos permite: mellorar a nosa práctica educativa, deseñar propostas máis entretidas, atender mellor á diversidade da aula e ofrecer novas posibilidades ao noso alumnado.
FORMACIÓN PARA FAMILIAS: PERIGO EN REDES.
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 04/05/2023 - 10:21A tarde do xoves 3 maio contamos coa formación para familias sobre o "Perigo en Redes". Os aspectos tratados por Sergio, garda civil especializado na materia tratada, resultaron moi interesantes e invitan a reflexionar sobre o que nos enfrentamos ao deixar na man dos nosos pequenos un dispositivo con acceso á rede que lles abre as portas a un mundo onde se poden atopar con moitos perigos dos que non somos conscientes na maioria dos casos.
ANIMACIÓN Á LECTURA "¡QUE ASCO DE BICHOS!"
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 04/05/2023 - 10:13O mércores 3 de maio tivemos connosco unha visita moi especial para fomentar, no alumnado de 3º e 4º, a animación á lectura co título:
¡Que asco de bichos! (SANTILLANA)
AMAZING INSECTS
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 03/05/2023 - 12:59Aquí vos deixamos unha mostra das maquetas do proxecto dos insectos que levaron a cabo alumnos e alumnas de 4º de primaria en inglés. Quedaron chulísimas!!
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 02/05/2023 - 13:08Esta semana con motivo da conmemoración do Día do Libro levamos a cabo distintas actividades no centro. Os máis pequenos leron, a través de imaxes, contos para os seus compañeiros, visitáronnos as familias para facer lecturas nas distintas aulas e fixemos lecturas cruzadas entre o alumnado sobre " Don Quijote de la Mancha".
ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE ÉRICA ESMORÍS AUTORA DE "PATIO DE LUCES"
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 24/04/2023 - 10:54
O día 20 de abril tivemos na biblioteca a visita de Érica Esmorís, autora da novela "Patio de Luces".
Deixámosvos aquí unha pequena mostra en imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »