Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

GRANDES MULLERES GALEGAS: DO DÍA DE ROSALÍA AO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

Hoxe cúmprense 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das mulleres máis representativas da cultura galega. Ao longo do tempo e na actualidade, son moitas as mulleres galegas que destacaron en distintos eidos (cultural, literario,deportivo, político...).

Investigaremos sobre algunhas delas ata o 8 de Marzo, día da conmemoración da Muller Traballadora.

Preme nas imaxes se queres ver que imos coñecendo de cada unha delas:

 

                                                          

     

 

   

 

   

 

SEMANA DE ENTROIDO

Este ano o noso Meco está moi fraquiño, para animalo imos cumprir cada día co seu mandadiño!!

Ai Meco!! a ver se remantas a semana ben vestidiño!! 

 

   

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O DÍA DA PAZ

   

DÍA DA PAZ 2021: JERUSALEMA

 

Este ano conmemoramos o DÍA DA PAZ coa canción de Jerusalema,himno de esperanza e forza.

 

Prema na imaxe para ver  o noso vídeo

 


 

BO NADAL 2020!!

O alumnado e o equipo de mestres de Educación Infantil desénxanvos...

 

(PREME PARA VER O VÍDEO)

BO NADAL!

BICOS E AGARIMO NESTE NADAL TAN ESPECIAL!

Este ano, polo Nadal, o Apalpador propúxonos levarlle unha morea de agarimo á residencia de anciáns DomusVi de Vimianzo.

O alumnado do centro, por suposto, encheu o saco do Apalpador con postais e un mural xigante, onde recollen os mellores desexos para os usuarios e traballadores da residencia de maiores.

Dende o centro damos as gracias á ANPA e aos traballadores e usuarios de DomusVi pola súa implicación e colaboración, para poder levar a cabo esta actividade coa que potenciamos valores fundamentais para lograr unha sociedade cada día mellor e máis solidaria.

(PREMA PARA VER O VÍDEO)

 

 

 

 

Concurso Contos de Nadal : Noraboa Sara Roget Martínez

Noraboa a nosa alumna ,Sara Roget Martínez, por ter acadado o 6° posto no 17° certame de Contos de Nadal convocado pola Voz de Galicia e Radio Voz, no que participou  alumnado de 4° curso de primaria do CEIP San Vicenzo.

Sara gañou o 6° posto coa súa obra "Ledicias de Nadal", de entre os 184 relatos que presentaron ao concurso distintos centros educativos da Costa da Morte.

Un gran posto Sara,noraboa!!!

 

 

UN LIBRO POLO NADAL

Que mellor agasallo que un Libro polo Nadal!

 

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS- 10 DE DECEMBRO

Mural elaborado polo todo alumnado do centro para conmemorar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

 

"TODA PERSOA TEN DEREITO Á EDUCACIÓN"

 

      

 

Distribuir contido