Secretaría

Arranxo da cuberta do patio

A comunidade educativa do noso centro está votando para apoiar a proposta de arranxo da cuberta do patio que xa está na fase final dos orzamentos participativos do Concello.

Preme no seguinte enlace para saber como facelo: ÚLTIMO ESFORZO PARA CONSEGUIR A CUBERTA

Podes apoiar co teu voto!!

Votacións ao Consello Escolar 2022 (sector pais/nais).

Unha vez rematado o escrutinio dos votos emitidos procédese a levantar acta dos resultados.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar (vale adicional de 25 euros)

CONCESIÓN DIRECTA DE AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022.

Tódolos beneficiarios do vale para adquirir material escolar de 50 € poden recoller na Conserxería do centro o vale adicional de 25 euros.

Fondo libros

  • 23 de xuño: Publicación das listaxes provisionais.
  • 27 e 28 de xuño: Prazo de reclamación ás listaxes provisionais.
  • 29 de xuño: Publicación das listaxes definitivas no taboleiro interior do centro.

Poderán consultarse por vía electrónica em

Xornada de portas abertas

O novo alumnado de Ed. Infantil 3 anos será recibido coa súa familia, na súa aula, o luns 27 de xuño ás 11 horas. Esperámosvos!!

Participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • A solicitude será única para todos os fillos  que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. 
  • Dito formulario tamén se pode recoller e entregar, na Conserxería do centro.
  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 19/05/2022 e rematará o 22/06/2022 (ambos incluídos).

Formalización da matrícula para o curso 2022/23

As famlias do alumnado admitido no centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do mesmo do 20 ao 30 de xuño, en horario de 10:00 a 11:00 horas. Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza adxudicada.

 

A documentación a presentar é a seguinte:

Publicación definitiva de admisión de matrícula. Curso 2022/23

As listas definitivas están publicadas no taboleiro interior do centro. Foi admitido todo o alumnado que solicitou praza para Educación Infantil e Educación Primaria

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Matrícula vindeiro curso 2022/23: LISTAXE PROVISIONAL

  • Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de admisión de matricula para o vindeiro curso 2022-2023 ESTÁN ADMITIDOS na listaxe provisional.
  • As listaxes definitivas publicaranse no mes de maio.
  • O prazo para a formalización de matricula do alumnado admitido na lista definitiva (tanto de infantil como de primaria) será do 20 ao 30 de xuño. Se remata o prazo sen facer a formalización perderán a reserva de praza.

Distribuir contido