3º Primaria

NOTA INFORMATIVA INICIO DO CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA

Bo día! Ante a imposibilidade de levar a cabo as reunións de inicio de curso coas familias de maneira presencial, de seguido recollemos información e normas para o desenvolvemento dos primeiros días do curso 2020/2021.

 Este curso o alumnado de 3º, debido á pandemia, estará desdobrado en dúas clases. A información recollida neste aviso aplícase a ambas aulas.

 ENTRADAS E SAÍDAS

 - Tanto as entradas como as saídas realizaranse pola porta principal do centro na avenida de Oza. É moi importante respectar os horarios para evitar aglomeracións. En ningún caso, os acompañantes do alumnado poderán acceder ao centro, serán os titores os que os acompañen ata as aulas.

 

 

 

ENTRADAS

SAÍDAS

3ºA E.P.

9:00

13:55

3ºB E.P.

9:05

14:00

Porta principal pola Avda. de Oza.

 

 
NORMAS PARA O ALUMNADO

 

- Todo o alumnado deberá acceder ao centro con máscara e mantela posta en todo momento. O seu uso na aula será tamén obrigatorio, salvo para comer, beber e circunstancias similares.

 - Sempre que o alumnado se desprace fóra da súa aula ordinaria (grupo de convivencia estable) deberá respectar a distancia mínima de seguridade (1´5 metros).

 - En ningún caso, o alumnado poderá manipular ou tocar pasamáns, ventás, pomos das portas, interruptores da luz e outro mobiliario do centro, agás a súa silla e mesa, que serán asignadas para o seu uso persoal.

 - O alumnado deberá traer na mochila todos os días unha máscara de reposto co seu correspondente porta-máscara, así como unha botella pequena con xel hidroalcohólico.

 - Debido a que nas aulas non se permitirá o uso do habitual rollo de papel hixiénico, todo o alumnado deberá traer a diario un paquete de panos de papel desbotables (tipo Kleenex) e unha botella de auga para o seu uso persoal.

 - Para o uso dos baños, só poderán acceder a eles nun horario determinado (antes, durante e despois do recreo) e de un en un.

 - A desinfección de mans (coa súa propia solución hidroalcohólica) levarase a cabo sempre que se acceda á aula ou se saia de ela, así como antes e despois da merenda, ou sempre que as circunstancias o requiran.

 - Para o tempo de recreo (de 11:30 a 12:00), o alumnado terá asignada unha zona de xogo onde deberán respectarse as mesmas normas de seguridade (uso de mascaras e distancia de seguridade). Dito recreo, levarase a cabo en diferentes horarios por niveis do centro para evitar o contacto con outros grupos. Sendo a hora indicada máis arriba a asignada ao grupo no que están incluídos 3ºA e 3ºB de Ed. Primaria.

 - As merendas terán lugar dentro da aula nos propios pupitres do alumnado no horario asignado para tal fin (durante unha media hora despois do recreo). Unha vez finalizado o refrixerio, poderán ler un libro (tanto persoal como da biblioteca da aula) ata o comezo da seguinte sesión (12:30).

 

TITORÍAS

As reunións de titoría levaranse a cabo, de maneira xeral, a través do teléfono, sempre previa solicitude ao titor/a a través da aplicación ABALARmóbil. O horario establecido para tal fin será os luns de 16 a 17 horas.

 

MATERIAL PRIMEIRO DÍA

 O primeiro día, todo o alumnado deberá traer á escola o material do listado seguinte. Ese mesmo día se lles proporcionará o listado completo do material necesario para o curso (que deberán traer á maior brevidade posible).

 

- Máscara de reposto dentro do seu porta-máscara.

 

- Botella pequena de xel hidroalcohólico.

 

- Paquete de panos desbotables (Kleenex).

 

- Botella de auga.

 

- Merenda.

 

- Lápis, goma e ceras dentro dun estoxo (pode ser do curso pasado, quedará todo o tempo na súa mesa de clase).

 

- O primeiro día, como ben sendo habitual, levarán para casa a relación de material funxible necesario.

 

AVISOS COVID-19 AO CENTRO

É responsabilidade dos titores legais do alumnado a toma da súa temperatura cada mañá. O alumnado, baixo ningún concepto, acudirá á escola se manifesta algún síntoma compatible coa COVID-19 (febre maior de 37,5ºC, tose seca, dificultade respiratoria, dor de cabeza...). Polo que ante calquera incidencia, dúbida ou aviso relacionada co virus, tanto do alumnado como do seu grupo de convivencia habitual (síntomas, probas positivas, corentena,...) deberá ser comunicada na maior brevidade posible ao teléfono do centro: 881880822.

 

Un saúdo.

María José del Río(Titora de 3ºA)

Charo (Titora de 3ºB)

 

 

 

ENGLISH, 19th June

Good morning, everybody! Are you ready for holidays?Guay

Déixovos as respostas ás actividades de repaso.

Desexo que teñades unhas estupendas vacacións. Fixéstelo moi ben! Ánimo! Vémonos en setembro! 

Moitas grazas ás familias polo voso apoio e a vosa colaboración.

Sweet Summer Snoopy Animated Stickers | Fondo de pantalla snoopy ...See you in September!

Bego   teacherbegobm@gmail.com

ENGLISH 17th June

Good morning, girls and boys!

Adxunto os ficheiros coas solucións ás actividades de onte. Hoxe deixo exercicios de repaso, como son varios, espero ata o venres para darvos as respostas.  

 You Are Awesome - DesiComments.comSee you! Cheer up!

Bego    teacherbegobm@gmail.com

Distribuir contido