Actividades globais
As tres erres no Sal Lence
O xoves 4 de Abril do 2024 inauguramos no patio do noso cole o MURAL DAS TRES ERRES (RRR): Con esta iniciativa comprometémonos co coidado do medioambiente: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. Temos contedores para clasificar o lixo e tamén un composteiro para despois empregar o refugallo orgánico na nosa HORTA ESCOLAR.
Horta Escolar: plantación 23/24
Hoxe, 13 de marzo, chegaron as plantas ao cole! Puxémonos mans á obra e xa as temos plantadas no nosa pequena horta.
Agora só queda coidalas con moito agarimo para tentar ter unha colleita que supere á do curso pasado.
Houbo sorrisos e ledicia acompañados deste día tan soleado.
Día Internacional da Muller
A semana do luns 4 ao venres 8 de marzo e tamén a seguinte, celebraremos o Día Internacional da Muller; para iso faremos distintas actividades nas que aprenderemos a vida de mulleres influintes no mundo.
Haberá días que iremos ao teatro no cole e faremos de espectadores. Estade moi atentos!
Horta Escolar
Este curso a nosa horta escolar cambiou moito.
Xa o curso pasado, grazas ao Concello de A Coruña, iníciamos os traballos nela. No anterior mes de xuño puidemos disfrutar dalgúns produtos.
A principios deste curso 22/23 visitounos Laura (HortaECOruña) que nos dou unha serie de propostas para levar a cabo na nosa horta, coa subvención do Concello de A Coruña e da Fundación Repsol puidemos levalas a cabo.
A empresa HortaECOruña adaptou moitas das xardineiras de pedra que tiñamos no patio para cultivo.
Esta semana comezamos a colleita dalgúns produtos (leitugas e rabañiños) e os degustaremos nas aulas durante a merenda. Van saír uns sándwichs deliciosos! por certo, os pequenos do cole xa probaron os amorodos e non houbo queixa.
Ah, moitas grazas a "Fidelio", o noso espantallo, que fixo moi boa labor.
Podedes picar na imaxe para ir á Galería de Fotos na que poderedes ver o moito que medrou a nosa horta, dende as primeiras fotos nas que se preparou o "terreo" ata as últimas nas que se ve moi ben o resultado. Agardamos que vos gusten.
8M - "Pintamos e moito"
Este ano polo Día Internacional das Mulleres (8 de maio) o alumnado de 5ºEP participou nunha actividade, promovida polo Concello de A Coruña, “Pintamos e moito”.
A actividade tiña os seguintes obxectivos :
- Impulsar a igualdade de xénero dende a infancia e a adolescencia.
- Facilitar a educación en igualdade, contribuíndo dende a administración local a desmontar roles e estereotipos de xénero.
- Visualizar e dar valor á creación e produción artística e intelectual das mulleres en diferentes ámbitos (visual, literatura, xornalismo, cinema, ilustración...)
Aquí tedes unha foto do cartel coa montaxe de todo o proceso, se o queredes ver está colgado na parede dun dos descansos das escaleiras do centro.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »