4º Primaria

4º B -COMEZO CURSO-

Estimadas familias, este a no o voso fillo/a estará na clase de 4º B, o curso do que son titor.

Informacións varias: as entradas e saídas serán pola porta principal da Avd. de Oza. Horario: 8.55/13.50. H. Seguimos usando máscaras todo o tempo (teñen que traer unha de reposto gardada) e cun bote pequeno de xel. A merenda farémola na clase. O primeiro día deberán traer as mochilas para levar a forrar os libros do fondo de libros, nese forro polo exterior poderedes pegar ou escribir o nome do voso fillo/a. Tamén levarán unha nota co material que deberedes mercar.

A reunión de principio de curso será presencial no patio de columnas do colexio o vindeiro luns 27 de Setembro as 17:30 da tarde, só poderá asistir unhe persoa por alumno/a.

Un cordial saúdo.

Joaquín.

Material escolar.

Material específico COVID: hidroxel, panos de papel, máscara de recambio, botella de auga.

Material de aula:

- Axenda.

- 3 cadernos de cuadrícula (matemáticas, sociais e naturais), mellor de grapas. 

- 2 cadernos dobre pauta (galego e castelán).

-Estoxo: 1 lapis, 1 goma, 1 afialapis con depósito, 1 boli vermello, 1 boli azul ou negro, tesoiras, 12 ceras de cores, 1 barra de pegamento.

- 1 carpeta tamaño A4.

- 1 paquete de 500 folios A4.

Material de inglés: aproveitamos o caderno do ano pasado. Se non o temos, comprar un de pautas.

Material de educación física: roupa e calzado deportivo. NON BOLSA DE ASEO.

Material de música: carpeta plástica ou de cartón tamaño A4.

*Nota: o material deberá vir co nome posto.

FELICES VACACIÓNS!

Xa chegaron as tan esperadas vacacións!

 Agardo que gocedes moito do verán e que o pasedes xenial, que o tedes moi merecido! Moitas grazas a todos e todas por deixarme aprender ao voso lado! Foi un pracer!! 

Tedes o meu email para seguir mantendo contacto.

Unha aperta ben grande!

Ana.

Pd: déixovos as solucións das tarefas de xuño.

Distribuir contido