2º Primaria

Reunión coas familias

Bo día! Lembramos que a reunión de inicio de curso coas familias do alumnado que comeza 2.º de Educación Primaria, será o vindeiro mércores día 8 ás 17.00 pola entrada da Avenida de Oza. En caso de non poder asistir, pregamos que contacten coa titora para recibir a información pertinente. Saúdos.

NOTA INFORMATIVA INICIO DO CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA

Bo día! Ante a imposibilidade de levar a cabo as reunións de inicio de curso coas familias de maneira presencial, de seguido recollemos información e normas para o desenvolvemento dos primeiros días do curso 2020/2021.

Este curso o alumnado de 2º, debido á pandemia, estará desdobrado en dúas clases. A información recollida neste aviso aplícase a ambas aulas.

 

ENTRADAS E SAÍDAS

 - Tanto as entradas como as saídas realizaranse pola parte dereita do portalón da Rúa Buenavista. É moi importante respectar os horarios para evitar aglomeracións. En ningún caso, os acompañantes do alumnado poderán acceder ao centro, serán os titores os que os acompañen ata as aulas. No caso de chegar tarde, se o portalón estivese pechado, haberá que entrar pola porta principal do centro (Avda. de Oza).

 

  ENTRADAS SAÍDAS
2º E.P. 8:55 13:55
Zona dereita do portal da Rúa Buenavista

 


NORMAS PARA O ALUMNADO

- Todo o alumnado deberá acceder ao centro con máscara e mantela posta en todo momento. O seu uso na aula será tamén obrigatorio, salvo para comer, beber e circunstancias similares.

 

- Sempre que o alumnado se desprace fóra da súa aula ordinaria (grupo de convivencia estable) deberá respectar a distancia mínima de seguridade (1´5 metros).

 

- En ningún caso, o alumnado poderá manipular ou tocar pasamáns, ventás, pomos das portas, interruptores da luz e outro mobiliario do centro, agás a súa silla e mesa, que serán asignadas para o seu uso persoal.

 

- O alumnado deberá traer na mochila todos os días unha máscara de reposto co seu correspondente porta-máscara, así como unha botella pequena con xel hidroalcohólico.

 

- Debido a que nas aulas non se permitirá o uso do habitual rollo de papel hixiénico, todo o alumnado deberá traer a diario un paquete de panos de papel desbotables (tipo Kleenex) e unha botella de auga para o seu uso persoal.

 

- Para o uso dos baños, só poderán acceder a eles nun horario determinado (antes, durante e despois do recreo) e de un en un.

 

- A desinfección de mans (coa súa propia solución hidroalcohólica) levarase a cabo sempre que se acceda á aula ou se saia de ela, así como antes e despois da merenda, ou sempre que as circunstancias o requiran.

 

- Para o tempo de recreo (de 11:30 a 12:00), o alumnado terá asignada unha zona de xogo onde deberán respectarse as mesmas normas de seguridade (uso de máscara e distancia de seguridade). Dito recreo, levarase a cabo en diferentes horarios por niveis do centro para evitar o contacto con outros grupos. Sendo a hora indicada máis arriba a asignada ao grupo no que están incluídos 2ºA e 2ºB de Ed. Primaria.

 

- As merendas terán lugar dentro da aula nas propias mesas do alumnado no horario asignado para tal fin (durante unha media hora despois do recreo). Unha vez finalizado o refrixerio, poderán ler un libro (tanto persoal como da biblioteca da aula) ata o comezo da seguinte sesión (12:30).

 

TITORÍAS

 As reunións de titoría levaranse a cabo, de maneira xeral, a través do teléfono, sempre previa solicitude ao titor/a a través da aplicación ABALARmóbil. O horario establecido para tal fin será os luns de 16 a 17 horas.

 

MATERIAL PRIMEIRO DÍA

 O primeiro día, todo o alumnado deberá traer á escola o material do listado seguinte. Ese mesmo día se lles proporcionará o listado completo do material necesario para o curso (que deberán traer á maior brevidade posible).

 

- Máscara de reposto dentro do seu porta-máscara.

 

- Botella pequena de xel hidroalcohólico.

 

- Paquete de panos desbotables (Kleenex).

 

- Botella de auga.

 

- Merenda.

 

- Lápis, goma e ceras dentro dun estoxo (pode ser do curso pasado, e que quedará xa todo o tempo na súa mesa de clase).

 

- Os libros para o curso SÓ se traerán os de C. Naturais, C.Sociais, Inglés e  os correspondentes ao primeiro trimestre de Lengua, Lingua e Matemáticas (os restantes destas asignaturas quedarán na casa ata que sexan necesarios).

Os libros virán dentro da mochila de diario, podendo facelo en varios días, evitando deste xeito que teñan que vir cargados con bolsas e caixas.

 

- O primeiro día, como ben sendo habitual, levarán para casa a relación de material funxible necesario.

 

AVISOS COVID-19 AO CENTRO

 

 É responsabilidade dos titores legais do alumnado a toma da súa temperatura cada mañá. O alumnado, baixo ningún concepto, acudirá á escola se manifesta algún síntoma compatible coa COVID-19 (febre maior de 37,5ºC, tose seca, dificultade respiratoria...). Polo que ante calquera incidencia, dúbida ou aviso relacionada co virus, tanto do alumnado como do seu grupo de convivencia habitual (síntomas, probas positivas, corentena,...) deberá ser comunicada na maior brevidade posible ao teléfono do centro: 881880822.

 

Un saúdo.

Antonio (Titor de 2ºA)

Sonsoles (Titora de 2ºB)

 

Distribuir contido